Diferenzas entre revisións de «Reis Magos»

sen resumo de edición
 
== Tradición ==
Nalgúns países (como en [[Galicia]]) existe a tradición de representar aosos reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas durante a noite anterior á [[Epifanía]]. En Galicia a lenda dos Reis Magos foi substituíndo ao longo dos últimos séculos aoo '''[[apalpador]]''',{{Cómpre referencia}} figura propia mítica ligada á tradición do [[Nadal]] da que só fican testemuñas nas comarcas orientais de Galicia<ref>Lôpez Gonçâlez, José André, ''O Apalpador: personagem mítico do natal galego a resgate'', revista Vagalume da Asociación Galega Corredor del Henares, 2001, consultable tamén en [http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf Portal Galego da Língua (.pdf)].</ref>.
 
=== Orixe ===
O nome de ''magos'' provén do latín ''magi'' e este de odo grego ''μάγοι''. Este termo, sen ter o mesmo significado que o actual, era un título que se lle daba ás castes sacerdotais do [[zoroastro|zoroastrismo]]. Como parte da súa relixión, estes sacerdotes prestaban unha especial atención ao estudo das estrelas, e gañaron unha reputación internacional pola astroloxía.
 
A figura dos Reis Magos ten a súa orixe nos relatos do [[Nadal|nacemento]] de [[Xesús de Nazaret|Xesús]], algúns dos devanditos relatos foron integrados dos [[evanxeos canónicos]] que hoxe conforman o [[Novo Testamento]] da [[Biblia]]. Concretamente o [[Evanxeo de Mateo]] é a única fonte bíblica que menciona a uns [[mago]]s (aínda que non especifica o número nin o título de "reis") quen, tras seguir unha [[Estrela de Belén|estrela]], buscan o rei dos xudeus que naceu en [[Xerusalén]], guiándolles dita estrela ata Xesús nacido en [[Belén]], e a quen ofrecen ofrendas de [[ouro]], [[incenso]] e [[mirra]]. As tradicións antigas que non foron recollidas na Biblia, por exemplo o chamado [[Evanxeos da infancia de Tomé|Evanxeo da infancia de Tomé]] do século II, con todo, dan o seu número e asígnanlles nome: [[Rei Melchor|Melchor]], [[Rei Gaspar|Gaspar]] e [[Rei Baltasar|Baltasar]], posiblemente [[sacerdote]]s [[zoroastrismo|zoroastristas]] provenientes de [[Persia]]. Os nomes son ademais diferentes segundo a tradición [[Igrexa ortodoxa siríaca|siríaca]]. Segundo posteriores interpretacións os Magos foron considerados orixinarios de [[África]], [[Europa]] e de [[Asia]].
10.315

edicións