Dorinda Ramos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
engado referencias
Liña 1:
'''María Dorinda Ramos Ramos''', nada en [[Cerreda, Cerreda, Nogueira de Ramuín|Cerreda]] ([[Cerreda, Nogueira de Ramuín|Cerreda]], [[Nogueira de Ramuín]]) en marzo de [[1921]]<ref name=":0">{{Cita libro|título=Eduardo Barreiros and the Recovery of Spain|apelidos=Thomas|nome=Hugh|editorial=Yale University Press|ano=2009|ISBN=978-0-300-12-109-4|ref=Thomas}}</ref>, e finada no [[El Escorial|Escorial]] o [[17 de decembro]] de [[2017]]<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciae.com/articulo/sociedad/muere/20171218111741020634.html|apelidos=Galiciae|páxina-web=Galiciae|título=Muere María Dorinda Ramos, la columna vertebral de la familia Barreiros|data-acceso=2017-12-24|lingua=en}}</ref>, foi unha mestra e empresaria [[Galicia|galega]], muller do tamén empresario [[Eduardo Barreiros]].
 
==Traxectoria==
Orfa de nai ao nacer, o pai, que era dunha familia de pequenos propietarios agrícolas, casou de segundas e deixou a Ramos coas tías na aldea de Cerreda. Un tío de Dorinda Ramos era crego nunha parroquia próxima<ref name=":0" />. Ramos marchou como estudante internada ao colexio das Carmelitas de [[Ourense]], e posteriormente diplomouse en Maxisterio. Nese tempo, en [[1940]], Ramos coñeceu no autobús a quen acabaría sendo o seu home, [[Eduardo Barreiros]]<ref name=":0" />, e o seu socio de proxectos empresariais. Casou con Barreiros no ano [[1946]]<ref name=":0" />, xusto cando Barreiros empezaba a colleitar éxitos empresariais coa contratación de obra pública na España do primeiro [[franquismo]].
 
O negocio familiar mudou á transformación de [[Motor de explosión|motores]] de gasolina en [[Motor diésel|diésel]] e nos primeiros anos cincuenta trasladáronse a [[Madrid]] para dirixir desde alí a empresa [[Barreiros (automoción)|Barreiros]]. Nos anos sesenta chegan a un acordo con [[Chrysler]] para a compra de accións da súa empresa, que acabará supondo, a finais da década, a saída de Barreiros da empresa familiar e a reorientación a outros sectores, como a fabricación de penso, o sector do viño ou a minaría ([[casiterita]]). Nos anos oitenta expandiron os seus negocios a [[Cuba]], se ben Dorinda Ramos nunca se chegou a instalar na illa. Logo do falecemento do home en [[1992]], Ramos retirouse da vida empresarial.