Dorinda Ramos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 4:
Orfa de nai ao nacer, o pai, que era dunha familia de pequenos propietarios agrícolas, casou de segundas e deixou a Ramos coas tías na aldea de Cerreda. Ramos marchou como estudante internada ao colexio das Carmelitas de [[Ourense]], e posteriormente diplomouse en Maxisterio. Nese tempo, en [[1940]], Ramos coñeceu no autobús a quen acabaría sendo o seu home, [[Eduardo Barreiros]] e o seu socio de proxectos empresariais. Casou con Barreiros no ano [[1946]], xusto cando Barreiros empezaba a colleitar éxitos empresariais coa contratación de obra pública na España do primeiro [[franquismo]].
 
O negocio familiar mudou á transformación de [[Motor de explosión|motores]] de gasolina en [[Motor diésel|diésel]] e nos primeiros anos cincuenta trasladáronse a [[Madrid]] para dirixir desde alí a empresa [[Barreiros (automoción)|Barreiros]]. Nos anos sesenta chegan a un acordo con [[Chrysler]] para a compra de accións da súa empresa, que acabará supondo, a finais da década, a saída de Barreiros da empresa familiar e a reorientación a outros sectores, como a fabricación de penso, o sector do viño ou a minaría ([[casiterita]]). Nos anos oitenta expandiron os seus negocios a [[Cuba]], se ben Dorinda Ramos nunca se chegou a instalar na illa. Logo do falecemento do home en [[1992]], Ramos retirouse da vida empresarial.
 
Foi presidenta de honra, ata o seu falecemento, da [[Fundación Eduardo Barreiros]].