Diferenzas entre revisións de «Acuario (recipiente)»

ligs ints
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)
(ligs ints)
Os [[acuarium|acuarios públicos]] son instalacións abertas ó público para ver especies acuáticas. A maior parte dos acuarios públicos presentan unha determinada cantidade de tanques máis pequenos, así como un ou máis depósitos maiores. Os depósitos máis grandes teñen unha capacidade de varios millóns de litros de auga e poden acoller especies grandes, incluíndo [[golfiño]]s, [[quenlla]]s ou [[balea]]s. Os animais acuáticos e semiacuáticos, (lontras, [[pingüín]]s?), poden ser expostos tamén por acuarios públicos.
 
Desde o punto de vista operacional, un acuario público é similar en moitos aspectos a un zoolóxico ou museo. Un bo acuario terá exposicións especiais para atraer os visitantes, ademais da súa colección permanente. Uns cantos teñen a súa propia versión de "zoo para tocar"; por exemplo, o [[Monterey Bay Aquarium]], en [[Monterey]] ([[California]]), ten un depósito superficial cheo de tipos comúns de raias, e o público pode tocar as súas peles coriáceas cando pasan.
 
Coma os zoos, os acuarios normalmente teñen un corpo especializado de investigadores que estuda os costumes e bioloxía dos seus especimes. Nos últimos anos, os grandes acuarios estiveron intentando adquirir e criar diversas especies de peixes de océano aberto, e ata cnidarios (medusas), unha tarefa difícil posto que estas criaturas nunca antes atoparon superficies sólidas como as paredes dun depósito, e non adquiriron o instinto para apartarse das paredes en lugar de chocar contra elas.