Broadway: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Furado (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Broadway''', que significa 'vía ancha' en [[Lingua inglesa|inglés]], é unha avenida da cidade de [[Nova York]], [[Estados Unidos]]. A avenida Broadway é, xunto coa [[Quinta Avenida]], a rúa máis famosa de [[Manhattan]].
 
É ademais a ruta máis antiga da cidade, podendo retrotraerse ó primeiro asentamento holandés de [[Nova AmsterdamÁmsterdam]] que atravesaba en diagonal, de norte a sur, a illa de [[Manhattan]]. O nome é unha tradución do neerlandés 'Breede weg'. A ruta holandesa, en todo caso, seguía o carreiro orixinal indio denominado 'Wickquasgeck', que serpeaba a illa seguindo o mesmo camiño. A primeira vez que se cita aparece nunha descrición do explorador [[David de Vries]] en [[1642]].
 
A avenida actual caracterízase por atravesar varias prazas importantes, entre elas [[Union Square]], [[Madison Square]], [[Herald Square]] e [[Times Square]], e por ser punto de referencia para 43 teatros que conforman o [["Circuíto Broadway"]]. Destes corenta e tres, soamente seis deles están situados na avenida Broadway.