N-VI: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Actualización do Plan Xeral de Obras Públicas de 1940
desambiguo
Liña 12:
}}
 
A '''N-VI''', coñecida tamén como '''Estrada da Coruña''', é unha estrada radial [[España|española]] que une as cidades de [[Madrid]] e [[A Coruña]], pasando por [[San Rafael, España|San Rafael]], [[Tordesillas]], [[Benavente, Zamora|Benavente]], [[Astorga]], [[Ponferrada]] e [[Lugo]], entre outras.
 
A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das [[estradas nacionais de España]], estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía [[A-6]] desde o seu nacemento en [[Moncloa]] ata [[Collado Villalba]], e no tramo entre [[Adanero]] e [[Benavente, Zamora|Benavente]]. No tramo entre [[Guadarrama]] e [[Adanero]] o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe [[AP-6]] polo [[Porto dos Leóns]] e a localidade segoviana de [[San Rafael]]. Tampouco foi desdobrada no tramo entre [[Benavente, Zamora|Benavente]] e [[Nadela, San Xoán de Pena, Lugo|Nadela]]. Foi desdobrada entre as localidades de [[Nadela, San Xoán de Pena, Lugo|Nadela]] e [[Lugo]] pasando a denominarse [[LU-11]], e entre [[Lugo]] e o fin do seu límite municipal, ademais de desde [[San Pedro de Nós, Oleiros|San Pedro de Nós]] á [[A Coruña|Coruña]] onde pasa a denominarse [[AC-12]].