Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web, |thumb| → |miniatura| (12)
m →‎Academicismo: arranxiño
Liña 134:
A [[arte académica]] é a fomentada dende o [[século XVI]] polas [[Academia (institución)|academias]] de [[belas artes]], que regulaban a formación [[Pedagoxía|pedagóxica]] dos artistas. Aínda que en principio as academias estaban en sintonía coa arte producida na súa época, polo que non se pode falar dun estilo diferenciado, no século XIX, cando a dinámica evolutiva dos estilos empezou a afastarse dos canons clásicos, a arte académica ficou encorsetada nun estilo clasicista baseado en regras estritas, polo que hoxe en día enténdese máis como un período propio do século XIX, recibindo paralelamente diversas denominacións, como a de ''[[art pompier]]'' en [[Francia]]. No academicismo tivo unha especial relevancia o espido, considerado a expresión por excelencia da nobreza da [[natureza]], estandarizado nunhas premisas clásicas suxeitas a estritas regras tanto temáticas como formais, supeditadas ao ambiente xeralmente puritano da sociedade decimonónica, onde o espido só se aceptaba como expresión da beleza ideal, baseado estritamente no estudo anatómico.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=158-159.}}</ref>
 
Un dos principais representantes do academicismo foi [[William-Adolphe Bouguereau]], que realizou unha gran cantidade de obras de espido, xeralmente de tema mitolóxico, con figuras de gran perfección anatómica, como ''[[O nacemento de Venus (Bouguereau)|O nacemento de Venus]]'' (1879). Outro expoñente foi [[Alexandre Cabanel]], autor de espidos mitolóxicos e alegóricos que son un pretexto para representar mulleres de beleza voluptuosa e sensual, como outro ''[[O nacemento de Venus (Cabanel)|Nacemento de Venus]]'' (1863). [[Jean-Léon Gérôme]] foi un dos principais representantes do orientalismo académico, con obras ambientadas en haréns e baños turcos ao máis puro estilo ingresiano, ademais de temas mitolóxicos e históricos. En Gran Bretaña, a sociedade [[Era´Época victorianavitoriana|victorianavitoriana]] estimulou o academicismo como arte oficial que expresaba de forma óptima a moral puritana preponderante nos círculos da burguesía e a nobreza, con autores como [[Joseph Noel Paton]], [[Charles William Mitchell]], [[Frederic Leighton]], [[John Collier]], [[Edward Poynter]], [[Lawrence Alma-Tadema]], [[John William Godward]], [[Herbert James Draper]] etc. En España destacou [[Luís Ricardo Falero]].
 
===== Realismo =====