Táboa periódica dos elementos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 23:
=== Grupos ===
{{AP|Grupo da táboa periódica}}
Un grupo ou familia da táboa periódica é cada unha das columnas verticais da táboa. Os grupos adoitan ter tendencias periódicas máis significativas que os períodos e os bloques. As teorías [[mecánica cuántica|mecánico cuánticas]] modernas sobre a estrutura atómica explican as tendencias dos grupos propoñendo que os elementos dentro do mesmo grupo xeralmente teñen a mesma [[configuración electrónica]] na súa [[capa de valencia]].{{sfn|Scerri|2007|p=24}} Consecuentemente, os elementos do mesmo grupo tenden a ter unha química compartida e exhiben unha clara tendencia nas propiedades cun número atómico crecente.<ref>{{Cita libro |last=Messler|first=R. W.|title=The essence of materials for engineers|year=2010|publisher=Jones & Bartlett Publishers|location=Sudbury, MA|isbn=0-7637-7833-8|page=32}}</ref> Porén, nalgunhas partes da táboa periódica como o bloque- d e o bloque- f, as semellanzas horizontais poden ser tan importantes ou incluso máis pronunciadas que as semellanzas verticais.<ref>{{Cita libro |last=Bagnall|first=K. W.|year=1967|contribution=Recent advances in actinide and lanthanide chemistry|title=Advances in chemistry, Lanthanide/Actinide chemistry|volume=71|pages=1–12|publisher=American Chemical Society|doi=10.1021/ba-1967-0071|editor1-first=P. R.|editor1-last=Fields|editor2-first=T.|editor2-last=Moeller |series=Advances in Chemistry |isbn=0-8412-0072-6 |postscript=.}}</ref><ref>{{Cita libro |last1=Day|first1=M. C., Jr.|last2=Selbin|first2=J.|title=Theoretical inorganic chemistry|year=1969|publisher=Nostrand-Rienhold Book Corporation|edition=2ª|location=Nova York|isbn=0-7637-7833-8|page=103}}</ref><ref>{{Cita libro |last1=Holman|first1=J.|last2=Hill|first2=G. C.|title=Chemistry in context|year=2000|publisher=Nelson Thornes|edition=5ª|location=Walton-on-Thames|isbn=0-17-448276-0|page=40}}</ref>
Seguindo a convención internacional de nomes, os grupos numéranse dende o 1 ata o 18 dende a columna máis á esquerda (os [[metais alcalinos]]) ata a columna máis á dereita (os [[gases nobres]]).<ref name="IUPAC">{{Cita libro |title=Nomenclature of Inorganic Chemistry: Recommendations 1990|last=Leigh |first=G. J. |year=1990 |publisher=Blackwell Science |isbn=0-632-02494-1}}</ref> Previamente os grupos indicábanse con [[números romanos]]. En [[América]], os números romanos ían seguidos dunha "A" se o grupo estaba no bloque s ou p, ou dunha "B" se o grupo estaba no bloque d. Os números romanos utilizados corresponden co último díxito da convención de nomes actual. En [[Europa]] as letras eran semellantes, pero a "A" utilizábase se o grupo estaba antes do [[elementos do grupo 10|grupo 10]] e a "B" para este grupo e os seguintes. A maiores, os grupos 8, 9 e 10 adoitaban tratarse coma un grupo triplo, coñecido de forma colectiva en ámbalas dúas notacións como o grupo VIII. En 1988 entrou en vigor o novo sistema de nomeamento da [[IUPAC]], desbotando os nomes anteriores.<ref name="Fluck">{{Cita publicación periódica |last1=Fluck |first1=E. |year=1988 |title=New Notations in the Periodic Table |journal=Pure Appl. Chem. |volume=60 |pages=431–436 |publisher=[[IUPAC]] |doi=10.1351/pac198860030431 |url=http://www.iupac.org/publications/pac/1988/pdf/6003x0431.pdf |accessdate=24 de marzo de 2012 |issue=3 |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20120325152951/http://www.iupac.org/publications/pac/1988/pdf/6003x0431.pdf |archivedate=25 de marzo de 2012 |df=dmy-all }}</ref> Algúns destes grupos recibiron nomes triviais non sistemáticos, malia que algúns destes nomes non son de uso habitual. Os grupos do 3 ó 10 non teñen nomes triviais e noméanse simplemente polo seu número de grupo ou polo nome do primeiro membro do grupo, xa que estes teñen poucas semellanzas e tendencias verticais.<ref name="IUPAC" />