Táboa periódica dos elementos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 67:
Para un átomo determinado, as enerxías de ionización sucesivas increméntanse co grao de ionización. Tomando o [[magnesio]] como exemplo, a primeira enerxía de ionización é de 738 kJ/mol e a segunda de 1450 kJ/mol. Os electróns nos orbitais máis próximos experimentan forzas de atracción electrostática máis grandes, polo que a súa eliminación precisa dunha enerxía cada vez maior. A enerxía de ionización aumenta segundo se avanza cara arriba e cara a dereita pola táboa periódica.{{sfn|Greenwood|Earnshaw|1984|p=28}}
 
Danse grandes saltos nas enerxías de ionización molar sucesivas cando se elimina un electrón dunha configuración de gas nobre (capa electrónica completa). Tomando de novo o magnesio como exemplo, as primeiras dúas enerxías de ionización molar deste elemento correspondensecorrespóndense á eliminación de dous electróns da subcapa 3s, mentres que a terceira enerxía de ionización aumenta ata os 7730&nbsp;kJ/mol para a eliminación dun electrón da subcapa 2p da configuración moi estable de Mg<sup>2+</sup>. Saltos semellantes aparecen tamén nas enerxías de ionización doutros átomos da terceira fila da táboa.{{sfn|Greenwood|Earnshaw|1984|p=28}}
 
=== Electronegatividade ===