Táboa periódica dos elementos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 86:
 
=== Carácter metálico ===
A menor valor de enerxía de ionización, electronegatividade e afinidade electrónica, maior carácter metálico presenta o elemento. De forma inversa, o carácter non metálico increméntase cando diminúen os valores destas propiedades.<ref>{{Cita libro |last1=Yoder |first1=C. H.|last2=Suydam|first2= F. H.|last3=Snavely|first3=F. A. |year=1975 |title=Chemistry |page=58 |edition=2ª |publisher=Harcourt Brace Jovanovich |isbn=0-15-506465-7}}</ref> Dadas as tendencias periódicas destas tres propiedades, o carácter metálico tende a diminuír ó desprazarse por un período ou fila, e con algunhas regularidades debidas á pobre proteciónprotección dos electróns da capa d e f e a [[química cuántica relativista|efectos relativistas]],{{sfn|Huheey|Keiter|Keiter|1997|pp=880–885}} tende a incrementarse ó desprazarse cara a abaixo por un grupo ou columna. Por isto, os elementos máis metálicos, como por exemplo o [[cesio]] ou o [[francio]], atópanse na parte inferior da táboa periódica tradicional, e os elementos máis non metálicos, como por exemplo o [[osíxeno]], [[flúor]] ou [[cloro]], sitúanse na parte superior dereita. A combinación de tendencias horizontais e verticais no carácter metálico serve de explicación para a liña divisoria entre os metais e non metais en forma de escaleira presente na táboa, e a práctica de incluír a varios elementos adxacentes a esa liña ou adxacentes a estes outros dentro da categoría dos [[metaloide]]s.<ref>{{Cita libro |last=Sacks|first=O.|title=Uncle Tungsten: Memories of a chemical boyhood|year=2009|publisher=Alfred A. Knopf |location=Nova York|isbn=0-375-70404-3|pages=191, 194}}</ref>{{sfn|Gray|2009|p=9}}
 
=== Grupos ponte ===