Atonalidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
i
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
O '''atonalismo''' (do [[Lingua grega|grego]] ''α'': ‘sen’ e ''τόνος'' ''tónos'' 'tonalidade') é o sistema musical que carece de toda relación dos tons dunha obra cun ton fundamental e de todos os lazos [[Harmonía (música)|armónicos]] e funcionais na súa [[melodía]] e [[Acorde|acordesacorde]]s, sen estar suxeito ás normas da tonalidade.
 
Ao sistema oposto do atonalismo non se lle debe de chamar "tonalismo", senón, «sistema tonal».
 
Máis especificamente, o termo describe a música que non se axusta ao sistema de xerarquías tonais que caracterizaba ao son da música europea entre o século XVII e os primeiros anos do XX.
 
Os centros tonais substituíron gradualmente os sistemas de organización modal que se desenvolveron desde o 1500 e que culminaron co establecemento do sistema de modo maior e [[Escala maior|menor]] entre fins de século XVI e mediados do XVII.