Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

m
As atmosferas ricas en osíxeno en presenza de materiais combustibles son susceptibles de provocar incendios que se propagan con gran rapidez, igual que explosións. Os riscos de [[lume]] e [[explosión]] danse cando os oxidantes concentrados e os [[combustible]]s se sitúan demasiado preto entre si; con todo, a ignición, xa sexa pola calor ou por unha faísca, é necesaria para iniciar a combustión.<ref name="Weiss2008" /><ref name="astm-tpt">{{cita conferencia|nome-editor=Barry L.|apelidos-editor=Werley|ano=1991|título=Fire Hazards in Oxygen Systems|títulolibro=ASTM Technical Professional training|editorial=ASTM International Subcommittee G-4.05}}</ref> Outro tanto pasa se as fontes de osíxeno son cloratos, percloratos, dicromatos etc.; estes compostos con alto poder oxidante poden provocar tamén [[queimadura]]s químicas. O osíxeno por si mesmo non é un combustible, senón un oxidante. Os riscos da combustión tamén se aplican a compostos de osíxeno de alto potencial oxidante, como os [[peróxido]]s, [[clorato]]s, [[nitrato]]s, [[perclorato]]s e [[dicromato]]s, porque poden dar osíxeno ao lume.<ref name="Weiss2008" /><ref name="Schmidt-Rohr2015" />
 
O O<sub>2</sub> concentrado permite unha combustión rápida e enérxica.<ref name="astm-tpt" /> Os tubos e os recipientes de aceiro usados para almacenar e transmitir tanto o osíxeno líquido coma o gaseoso actúan como combustible; xa que logo, o deseño e a fabricación dos sistemas de O<sub>2</sub> requiren unha atención especial para asegurar que as fontes de ignición se minimicen.<ref name="astm-tpt" /> O incendio que acabou coa vida da tripulación do [[Apollo 1]] en 1967 nunha proba na plataforma de lanzamento estendeuse tan rápidamente debido a que a cápsula estaba presurizada con O<sub>2</sub> puro, pero a unha presión lixeiramente maior que a atmosférica, en lugar dunha presión de 1/3 da normal que debía usarse na misión.{{Efn|Non se identificou de xeito concluínte ningunha fonte de ignición no incendio, aínda que algunhas probas o achacan desde un arco eléctrico ata a unha faísca.<ref>{{Cita informe|título=Apollo 204 Review Board|editorial=NASA Historical Reference Collection|autor=NASA History Office|lugar=Washington, DC}}</ref>|group=lower-alpha}}<ref name="chiles">{{cita libro|apelidos=Chiles|nome=James R.|ano=2001|título=Inviting Disaster: Lessons from the edge of Technology: An inside look at catastrophes and why they happen|lugar=Nova York|editorial=HarperCollins Publishers Inc.|isbn=0-06-662082-1}}</ref>
 
En caso dun derramo de osíxeno líquido, se este chega a empaparse en materia orgánica como [[madeira]], produtos [[Petroquímica|petroquímicos]] e [[asfalto]] pode provocar que estes materiais [[Detonación|detonen]] de forma impredicible ao sufrir un impacto mecánico posterior. Do mesmo xeito que outros líquidos [[Crioxenia|crioxénicos]], en contacto co corpo humano poden causar [[conxelamento]] en pel e ollos.<ref name="astm-tpt" />
104.847

edicións