Wikipedia:Artigo destacado/marzo 2018: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "<div style="float:left;margin-right:0.9em"> none|200px </div> Os '''sítidos''' ('''Sittidae''') son unha familia..."
 
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 2:
[[Ficheiro:Sitta canadensis CT2.jpg|none|200px]]
</div>
Os '''[[sítidos]]''' ('''Sittidae''') son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[aves]] [[Passeriformes|paseriformes]] que comprende un único [[xénero (bioloxía)|xénero]], '''''Sitta''''', formado por 28&nbsp;[[especie]]s. Reciben vulgarmente o nome de '''gabeadores''', aínda que este nome tamén se lles dá aos ''[[Certhia]]'' e ''[[Tichodroma]]'', que non están directamente relacionados. En [[Galicia]] vive a especie ''[[Sitta europea]]'' (gabeador azul). Caracterízanse por ter a [[cabeza]] grande, a [[cola (zooloxía)|cola]] curta, o [[peteiro]] bicudo e as [[pata]]s fortes. A maioría das especies teñen as partes dorsais grises ou azuladas, e unha lista ocular negra, que contrastan coas partes inferiores claras, aínda que algunhas especies do [[sueste asiático]], como ''[[Sitta formosa|S. formosa]]'', teñen [[plumaxe]]s máis complexas e coloridas. A deda externa destas aves está unida na súa base á deda media, grazas ao cal poden gabear pola codia das árbores doadamente, igual que os [[Picidae|petos]].
 
Caracterízanse por ter a [[cabeza]] grande, a [[cola (zooloxía)|cola]] curta, o [[peteiro]] bicudo e as [[pata]]s fortes. A maioría das especies teñen as partes dorsais grises ou azuladas, e unha lista ocular negra, que contrastan coas partes inferiores claras, aínda que algunhas especies do [[sueste asiático]], como ''[[Sitta formosa|S. formosa]]'', teñen [[plumaxe]]s máis complexas e coloridas. A deda externa destas aves está unida na súa base á deda media, grazas ao cal poden gabear pola codia das árbores doadamente, igual que os [[Picidae|petos]].
 
A maioría dos gabeadores habita en [[bosque]]s [[temperado]]s ou de montaña das rexións [[Rexión holártica|holoártica]] e [[rexión indomalaia|indomalaia]], mais dúas das súas especies adaptáronse a ambientes rochosos de zonas máis cálidas e secas de [[Eurasia]]. Porén, a maior diversidade encóntrase no sur de [[Asia]], e as semellanzas entre especies fan difícil a identificación. A maioría son aves [[Sedentarismo|sedentarias]] e viven na mesma zona todo o ano; porén, a especie [[América do Norte|norteamericana]] ''[[Sitta canadensis|S. canadensis]]'' [[migración animal|migra]] cara a [[clima temperado|climas temperados]] durante o inverno. Algunhas especies teñen [[área de distribución|distribución restrinxida]] e están ameazadas pola [[deforestación]].