Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo»

::Non vexo o problema sobre o borrado do artigo, que exista noutras wikipedias non é razón abondo para que exista aquí, e a maiores Atobar indicou outra razón para o borrado que penso que é importante, un artigo concreto da Constitución non precisa dun artigo propio, por moito uso que teña nestes días, antes dos sucesos que se están vivindo nestes meses, practicamente ninguén en España o coñecía.
::As reversións no artigo Puigdemont non foron realizadas unicamente por [[User:Atobar|Atobar]], ese artigo é un artigo "sensible" nestas datas, e a súa actualidade, e que trate dunha persoa viva, fai que haxa que ter moito tino coas achegas que se fan nel. Por outra banda, o artigo pode ser editado por usuarios autoconfirmados, cousa doada de conseguir, e grupo no que non están só os admins, se non tamén case toda a comunidade de editores rexistrados. En resumo, non vexo que haxa que tomar ningunha medida, salvo facer unha consulta de borrado para que decida a comunidade. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 9 de decembro de 2017 ás 00:44 (UTC)
:::O motivo alegado para borrar o artigo 155 era que non existía noutras wikipedias (cousa que NON era certa e ata se indicaba que era tradución en parte de wiki en español) Que non sexa coñecido é un bo motivo para informar del. Por outra banda hai moitos exemplos de artigos que se fan en tódalas wikipedias explicando e ampliando información. A normativa iso ten una páxina para cada un das súas normas, por exemplo. O problema non é quen edite os artigos, non debera selo. O problema é que se borre información válida e referenciada sen existir ningunha explicación nin debate. Puigdemont está en causas xudiciais e iso non o pon no artigo, agora xa non o pon. Nin pon que escapou a bélxica.{{Sen sinatura|193.144.61.240|20 de decembro de 2017 ás 19:07‎}}
93.285

edicións