Manuel Curros Enríquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
 
=== ''Aires d'a miña terra'' ===
[[Ficheiro:CurrosO 01-06Divino PontevedraSainete.jpg|miniatura|200px|''S'eu fixen tal mundo que o demoO medivino levesainete''.]]
En [[1880]] publicou ''[[Aires da miña terra|Aires d'a miña terra]]'', libro de poemas no que pon de manifesto o seu [[anticlericalismo]] ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outras cousas escribe o celebre verso ''S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve''. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o [[28 de agosto]] dese mesmo ano [[1880]] o [[Diocese católica latina de Ourense|bispo de Ourense]] [[Cesáreo Rodrigo Rodríguez]] condena e reproba o libro por conter "''proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas''”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e catro meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 [[peseta]]s. Finalmente, foi absolto na Audiencia da [[A Coruña|Coruña]].
 
Liña 58:
En [[1894]] decide emigrar cara a [[América]]. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na [[A Habana|Habana]] dirixe un xornal, ''[[La Tierra Gallega (1894)|La Tierra Gallega]]'' e cando se suspendeu a súa publicación ingresou na redacción de ''[[El diario de las Familias]]'' e despois na do ''[[Diario de la Marina]]'', no que apoia os autonomistas cubanos, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En [[1904]] viaxa á Coruña, onde foi agasallado polos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] e inicia xunto con [[Manuel Murguía]] a ''Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega'', base da futura [[Real Academia Galega]] e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. De volta á Habana, retoma as súas actividades no ''Diario de la Marina''.
 
Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do [[Centro Gallego de La Habana|Centro Galego]] e alí morreu o [[7 de marzo]] de [[1908]]. Os seus restos mortais foron embarcados para [[Galicia]] onde chegaron o [[31 de marzo]] á cidade da Coruña, quedando instalada a capela ardente nos baixos do concello.<ref name="tempos"/> Foi enterrado no [[Cemiterio de Santo Amaro da Coruña|Cemiterio de San Amaro]], non sen polémica entre os que querían unha cerimonia relixiosa e outros que querían un [[enterro]] civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o [[2 de abril]] de [[1908]] para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na [[historia de Galicia]].<ref name="tempos">{{cita libro|título=Tiempos republicanos|nome1=Jesús María|apelidos1=Reiriz Rey|nome2=Xosé|apelidos2=Alfeirán Rodríguez|editorial=[[Ateneo Republicano de Galicia]]|data=2004|lugar=A Coruña|isbn=84-933103-2-8|lingua=es}}</ref><ref>[http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/id/276576 "O enterro de Curros segundo Galo Salinas"] RAG.</ref><ref>{{cita web|url=http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/feretro-de-curros/2018-03-31/|título=Féretro de Curros|obra=Almanaque das Irmandades|dataacceso=20 de decembro de 2017}}</ref>
 
== Obras ==
[[Ficheiro:O Divino Sainete.jpg|dereita|miniatura|200px|''O divino sainete''.]]
 
* ''[[Cartas del norte]]'' (1875-1876)
* ''[[A Virxe do Cristal]]'' (1877)
Liña 75 ⟶ 73:
|Ficheiro:Curros Enríquez. A Rosalía.jpg|Versos dedicados a [[Rosalía de Castro|Rosalía]].
|Ficheiro:Placa de Curros Enríquez en Lugo.JPG|Placa de Curros Enríquez en [[Lugo]].
|Ficheiro:Vigo 01-08dManuel Curros.JPG|Monumento deEnríquez, 19112 nade [[Alameda da Prazaabril de Compostela1908.jpg|Alameda deCortexo Vigo]]fúnebre.
|Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Curros Enríquez.jpg|Tumba no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].
|Ficheiro:Curros 01-06 Pontevedra.jpg|''S'eu fixen tal mundo que o demo me leve''.
}}