Gripe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Vacinación: texto traducido desde a wiki .es:Gripe#Vacunación
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Vacinación: amaño ligazón
Liña 422:
=== Vacinación ===
 
Existen vacinas e antivirais para a profilaxe e o tratamento das infeccións polo virus da gripe. As vacinas están formuladas a partir de virus inactivados ou [[Vacina intranasal viva contra a influenza|virións atenuados]] da gripe humana H1N1 e H3N2, así como os dos virus da influenza B. Debido a que a antixenicidade dos virus salvaxes evolucionan, as vacinas se reformulan anualmente. Con todo, cando a antixenicidade das cepas que forman parte das vacinas e a dos virus salvaxes que circulan entre a poboación non coinciden, as vacinas deixan de ser efectivas. Noutras ocasións, mesmo cando ambas as antixenicidades coinciden, pódese dar o caso de que aparezan mutantes que escapan á vacina. Os fármacos máis frecuentes inclúen a amantadina, que inhibe a perda da envoltura dos virións ao interferir con M2, e oseltamivir, que inhibe a liberación dos virións das células infectadas ao interferir con NA. Con todo, os mutantes que son capaces de escapar á vacina xeráronse, principalmente, en ex-usuarios de drogas e con menor frecuencia para o último fármaco.<ref>{{Cita publicación periódica|apelido= Suzuki |nome= Yoshiyuki |título= Natural Selection on the Influenza Virus Genome |url= httphttps://feelsynapsisacademic.oup.com/pgmbe/filearticle/read23/3573910/natural-selection-on-the-influenza-virus-genome1902/1096939 |revista=Mol. Biol. Evol |volume=23 |número=10 |páxinas=1902-1911 |ano=2006 |pmid=16818477 |doi=10.1093/molbev/msl050 |urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://feelsynapsis.com/pg/file/read/35739/natural-selection-on-the-influenza-virus-genome|dataarquivo=30 de novembro de 2015}}</ref>
 
Realizáronse varios estudos co obxectivo de demostrar a inmunoxenicidade da vacina inactivada contra a gripe. En [[1976]] atopouse que dita inmunidade persistía ao cabo de tres anos posterior á vacinación do tipo monovalente A.<ref name=scielohistoria /> Un ano despois reportouse que os individuos vacinados durante unha epidemia de influenza tipo A presentaban inmunidade a partir do oitavo ou noveno día despois da vacinación e persistía ao cabo dun ano. En [[1982]] comprobouse a eficacia da vacina trivalente en 75 recrutas do exército italiano e centos doutros voluntarios doutros países.<ref name=scielohistoria>MANCINI, Dalva A. Portari, NASCIMENTO, Elvira M. Mendes do, TAVARES, Valéria Rosa et al. Vacina inativada contra gripe trivalente: estudo comparativo da resposta imunitária pelos métodos de inibição de hemaglutinação e da hemólise radial simples. Rev. Saúde Pública [online]. 1985, vol. 19, no. 5 [citado 2008-09-10], pp. 438-443. Disponível em: [http://www.scielosp.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0034-89101985000500007&lng=pt&nrm=iso]. ISSN 0034-8910. doi: 10.1590/S0034-89101985000500007.</ref>