Robert Koch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 22:
 
== Traxectoria ==
Fixo os estudos de [[Ciencias Naturaisnaturais]] despois de Medicina en [[Göttingen]]. Tivo como profesor a [[Jacob Henle]], un defensor da teoría microbiana proposta par [[Louis Pasteur]] en [[1860]]. Foi médico-adxunto no hospital de [[Hamburgo]]. Posuía un espírito aberto moi salientábel, pois interesouse por ámbitos tan dispares como a [[arqueoloxía]], a [[antropoloxía]] ou a [[parasitoloxía]].
 
Foi o primeiro, en [[1876]], que logrou o cultivo do [[Bacillus anthracis|bacilo]] do [[ántrax]], que fora descuberto en [[1850]] polos franceses [[Pierre Rayer|Rayer]] e [[Casimir Davaine|Davaine]]. Para tal ocasión desenvolveu varias técnicas novidosas de coloración, de posta en cultivo e máis de identificación de xermes. En [[1880]], asumiu a xefatura do laboratorio de bacterioloxía de [[Berlín]]. En [[1882]], illou o [[bacilo]] da [[tuberculose]], pondo a punto un método de cultivo ''[[in vitro]]'' e reproducindo a enfermidade en animais a partir da cepa cultivada, probando que o xerme era total responsábel da doenza e invalidando así a teoría celular de [[Rudolf Virchow|Virchow]]. Este xerme, ao que se lle deu o seu nome como [[bacilo de Koch]], foi nomeado cientificamente [[Mycobacterium tuberculosis]]. Esta descuberta entrañaba a utilización de medidas de [[hixiene]] para loitar contra a transmisión da enfermidade. Koch foi tamén quen descubriu a ''tuberculina'', un extracto do bacilo, e o seu papel no diagnóstico da enfermidade. É dicir, achou un principio para o tratamento da tuberculose.