Domingo Díaz de Robles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:ALBUM DE LA CARIDAD. JUEGOS FLORALES DE LA CORUÑA. 1862.jpg|miniatura|''Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861''.<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=5195 ''Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos''] [[Biblioteca de Galicia|Galiciana. Biblioteca de Galicia]].</ref>]]
Comezou a carreira militar en [[1836]] e participou na [[Primeiraprimeira Guerraguerra Carlistacarlista]] nas batallas de Galaneta, Alcora –pola que acadou a Cruz de San Fernando–, Morella e Lucena. En [[1840]] foi destinado a [[Santiago de Compostela]] e sete anos máis tarde participou coa expedición española na sufocación da sublevación Patuleia de [[Portugal]] (1846-1847) e despois foi nomeado capitán do batallón provincial da Coruña. Durante a súa estadía en Compostela desempeñou unha das cátedras do colexio de Distinguidos de Galicia e participou na constitución da [[Academia Literaria de Santiago]], da que chegou a ser presidente interino. Foi un dos iniciadores dos estudios sobre folclore ferrolán ao publicar en [[1860]] en ''[[El Eco Ferrolano]]'' unha colección de romances alusivos á súa cidade natal. Fundou e dirixiu o xornal ''[[El Idólatra de Galicia]]'' (1841-1842) e colaborou con poemas e traballos históricos en varios xornais e revistas, como o aparecido no Anuario Ferrolano para 1904 titulado ''Primera mención histórica de San Julián de Ferrol'' ou ''Galicia, etimoloxía do seu nome'', en Galicia. Revista Universal de este Reino. Entre os seus poemas destacan “Mi mayor honor”, incluído no ''[[Álbum de la Caridad]]'', El anacoreta del siglo XXI e Al patriótico pronunciamiento de Santiago el 12 de setiembre de 1840, ambos os dous de 1840. Tamén é autor da edición e prólogo de Poesías de la Srta. Amalia Fenollosa (1843), Biografía del licenciado D. José García Mazo, magistral de la S.C.I. de Valladolid (1851) e Colección biográfica de los tipos notables de Galicia, desde los tiempos más remotos hasta nuestros días (1853), da que só se publicaron dúas entregas. Do seu labor como poeta en galego consérvanse trece poemas recollidos en Colección de poesías gallegas de diferentes autores (1865), de [[Xosé Casal Lois]].
 
== Notas ==