Multiculturalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m achega 1ª ref. de varias
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Outside Union Station.jpg|miniatura|dereita|Monumento ao multiculturalismo en [[Toronto]], [[Canadá]].]]
O '''multiculturalismo''' é un termo que está suxeito a diversas [[interpretación]]s. Pode simplemente designar a coexistencia e cohesión social de diferentes [[cultura]]s (étnicas, relixiosas etcétera) no seo dun mesmo conxunto (unha nación, por exemplo)<ref>[http://www.ugr.es/~pwlac/G17_04JoseLuis_Rodriguez_Regueira.html ''Multiculturalismo. El reconocimiento de la diferencia como mecanismo de marginación social''], apéndice "La mistificación de la diferencia cultural. ¿El multiculturalismo es un espacio para la diversidad cultural o una estrategia de marginación social?", artigo de José Luis Rodríguez Regueira na ''Gazeta de Antropología, 17'' (2001) da [[Universidade de Granada]] {{es}}.</ref>. Co adxectivo multicultural adóitase aludir á [[variedade]] que presentan as culturas das distintas sociedades. Pódese afirmar que o multiculturalismo propón a conversión dos [[estado]]s en comunidades multiculturais, pois comprende a diversidade racial, étnica e, en definitiva, cultural, como un factor positivo con vistas ao desenvolvemento social.
 
Por outra parte, o multiculturalismo é tamén unha [[teoría]] que busca comprender os fundamentos culturais de cada unha das [[nación]]s.