Diferenzas entre revisións de «Direccionalidade (bioloxía molecular)»

m
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda)
== Extremo 5' ==
[[Ficheiro:DNA chemical structure gl.svg|miniatura|No segmento de ADN mostrado, as direccións 5' e 3' van en sentido contrario na cadea esquerda e na dereita, polo que se di que son antiparalelas.]]
O '''extremo 5 prima''' (5') é o extremo dunha cadea de ARN ou de ADN no que está o 5º carbono do azucre ([[ribosa]] ou [[desoxirribosa]], respectivamente) co fosfato libre. O [[fosfato]] do carbono 5' podería unirse ao grupo 3'-OH doutro nucleótido formando un [[enlace fosfodiéster]]. A eliminación do 5'-fosfato impide o enlace. Para impedir ligazóns de ácidos nucleicos non desexadas (por exemplo, a autoligazón dun [[plásmido]] usado como vector na [[clonación molecular|clonación do ADN]]), os investigadores xealmentexeralmente eliminan o grupo 5'-fosfato cunha [[fosfatase]].
 
O extremo 5' dun [[ARNm]] nacente é o sitio onde se coloca a "[[carapucha 5'|carapucha]]" (''capping'') despois da transcrición, un proceso que é vital para a maduración do ARNm. Esta modificación incrementa a estabilidade do ARN durante o seu traslado ao citoplasma. Consiste na unión dun nucleótido [[metilación|metilado]], a [[metilguanosina]] no extremo 5' do ARN por medio dun enlace pouco habitual 5'-5'-trifosfato.
658

edicións