Diferenzas entre revisións de «Sinal de exportación nuclear»

m
sen resumo de edición
m
 
Como os [[ácido ribonucleico|ácidos ribonucleicos]] (ARN) están compostos de [[nucleótido]]s e non de aminoácidos, carecen do sinal de exportación nuclear que sirva para levalos fóra do núcleo, polo que moitas formas de ARN se unen a proteínas formando un complexo ribonucleoproteico para así ser exportados fóra do núcleo. A [[cola poli(A)]] dos ARNs é moi importante para a unión de proteínas exportadoras.
 
O sinal NES foi descuberto na proteína Rev do virus [[VIH-1]] e no inhibidor da [[proteína quinase]] dependente de [[AMPc|AMP cíclcicocíclico]] ([[PKI]]). Identificouse o receptor de [[carioferina]] [[CRM1]] como o receptor de exportación para os NES ricos en leucina en varios organismos, e é unha proteína conservada evolutivamente. A exportación mediada por CRM1 pode ser inhibida polo [[funxicida]] [[leptomicina B]] (LMB), o que proporciona un excelente modo para a verificación experimental desta vía.
 
Non todos os substratos con NES son exportados constitutivamente desde o núcleo, o que significa que a exportación mediada por CRM1 é un proceso regulado. Descubríronse varias vías para a regulación da exportación dependente de NES, entre as que está o enmascaramento/desenmascaramento de NES, a [[fosforilación]] e a formación de [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]] como resultado de oxidacións.
658

edicións