Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 20:
O seu ''cursus academicus'' viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de [[Literatura]] do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano [[1940]], en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exerceu como profesor auxiliar de diversas materias (catedrático de [[Lingua francesa|francés]], profesor de [[latín]] e outras especialidades) no Instituto de Lugo.<ref name=GEG/>
 
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada de gran valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]]-[[1945]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
=== Vida persoal e familiar ===