Vel’s Parnelli Jones Racing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Melloro estilos de localización
Liña 23:
Parnelli asegurou os servizos do exdeseñador de [[Team Lotus]] [[Maurice Philippe]] e do piloto [[Mario Andretti]] para as carreiras da USAC na década de 1970, e en 1974 decidiu participar nas carreiras de [[Fórmula 1]], con apoio financeiro do fabricante de pneumáticos [[Firestone Tire and Rubber Company|Firestone]]. Logo dunha breve incursión na Fórmula Un ao final da tempada {{F1|1974}}, Vel Parnelli Jones montou unha tempada completa en {{F1|1975}}. O seu coche [[Parnelli VPJ4]] debe moito ao deseño de Philippe do [[Lotus 72]]. Apareceu, nas carreiras de América do Norte a finais da tempada 1974 e desenvolveuse gradualmente durante 1975. A decisión de Firestone de abandonar as carreiras a finais de 1974 significou perder un socio importante. Jones foi incapaz de atopar un patrocinador substituto e pese as melloras introducidas no coche, o equipo só participou en tres carreiras na tempada de {{F1|1976}}. Andretti enterouse do futuro do equipo de Fórmula Un polo xornalista [[Chris Economaki]], mentres se sentaba no coche na grella do [[Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976|Gran Premio de Long Beach]]. Isto levou a algúns enfrontamentos entre Andretti e Jones, e Andretti volveu a [[Team Lotus|Lotus]] para o resto da tempada. En total, Vel Parnelli Jones participou en 16 Grandes Premios e anotou 6 puntos para o campionato.
 
Coincidindo coa súa aventura na Fórmula Un, VPJ estaba desenvolvendo unha versión [[turbocompresor|turboalimentada]] do lendario [[motor V8]] do [[Cosworth]] [[Cosworth DFV|DFV]] de Fórmula Un, sobre a base da súa experiencia nos dous anos anteriores. Foi desenvolvido nas súas instalacións de [[Torrance,]] ([[California]]), baixo a dirección do construtor de motores Larry Slutter e o enxeñeiro "Chickie" Hirashima. O coche debutou no circuíto en 1975 nunha versión Indy modificada do chasis Parnelli de Fórmula Un, aínda que non correu con regularidade ata finais de 1976. Este proxecto privado foi rapidamente adoptado para si por Cosworth, e o motor Parnelli evolucionou no igualmente lendario [[Cosworth DFX]], un motor que chegaría a gañar varias carreiras das [[500 Millas de Indianápolis]] e o campionato USAC / [[Champ Car|CART]] entre 1978 e 1987.
 
== Resultados completos na Fórmula Un ==