Estreleira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
[[Ficheiro:Bandeira galega nacionalista.svg|miniatura|dereita|Estreleira]]
A '''estreleira''' é a bandeira que simboliza a loita pola independencia dade [[Galiza|Galicia]], é a bandeira galega cunha [[estrela vermella]] de cinco puntas no centro, que significa [[independencia]] e [[socialista|socialismo]].
 
==Historia e características==
A estrela de cinco puntas <ref>{{Cita publicación periódica|data=2017-12-11|título=Pentagram|url=https://en.wikipedia.org/w/index.php?title=Pentagram&oldid=814879648|lingua=en}}</ref>aparece desde a Prehistoria e tanto na Idade Antiga coma na Idade Media será símbolo xeométrico de moi variadas connotacións. Serán as loxas masónicas as que volvan utilizala, nalgúns casos coloreada de vermello, ata que as organizacións socialistas e comunistas<ref>{{Cita publicación periódica|data=2017-11-13|título=Red star|url=https://en.wikipedia.org/w/index.php?title=Red_star&oldid=810081928|lingua=en}}</ref> lle confiran un novo pulo simbólico e remate convertida en emblema oficial de numerosos Estados e organizacións ao largo do planeta.
Esta modalidade da bandeira de franxa azul é utilizada polo [[nacionalismo galego]] de esquerdas, e por iso ás veces asóciase tamén a estrela vermella do medio coa esquerda política, [[Galeguismo (política)|galeguista]] ou non. A estrela vermella foi creada por militantes do [[Partido Comunista]] español xa nos anos 40 e o seu emprego de xeito xeneralizado nos movementos de esquerda nacionalista galega débese á [[UPG]] (Unión do Povo Galego) cando difundiron o seu uso nos anos 60 lembrando a [[estrela vermella]] da bandeira dos varios países [[socialismo|socialistas]] do leste<ref>[http://groups.msn.com/laligacomunista/simbologasocialista.msnw ''La estrella roja'']{{Ligazón morta}}: "É un símbolo do socialismo e o comunismo que representa os cinco dedos da man do traballador, así como cinco continentes. Unha versión menos frecuente suxire que as cinco puntas da estrela representan aos cinco grupos sociais que posibilitarían o tránsito ao socialismo, a saber: a xuventude, os militares, os traballadores industriais, os campesiños agricultores e os intelectuais".</ref>.
 
Entre o galeguismo, xa durante o periodo das Irmandades da Fala, algúns significados membros comezan a incorporar o símbolo da estrela na correspondencia; Castelao introdúcea, xunto á fouce e á serea, na súa proposta laica de escudo. Polo de agora o primeiro uso documentado da estreleira data de 1936<ref>{{Cita web|url=http://primeiralinha.org/home/?p=16282|páxina-web=primeiralinha.org|título=Primeira Linha em rede 2.0 » [MEMÓRIA COMUNISTA GALEGA] Henrique Líster|data-acceso=2017-12-17|lingua=pt-PT}}</ref>, cando a arbora o Batallón Galego do V Rexemento. Así o acredita Xosé Luís Méndez Ferrín<ref>{{Cita novas|autor=Xosé Luís Méndez Ferrín|data=23-X-2010|título="Homenaxe á bandeira do pobo", en No Fondo dos Espellos dentro do supl. do Faro de Vigo|url=|data-acceso=}}</ref>:<blockquote><small>"Na zona republicana organizáronse, que nós saibamos, tres unidades de carácter nacional-popular galego: o Batallón Galicia (Asturias), o Batallón Celta (Exército de Euskadi), e o Batallón Galego (5º Rexemento). Foron mandados, respectivamente, polos comandantes Moreno, Fernández e Esturao. O coronel, logo xeneral, Enrique Líster, de Calo-Teo, que mandaba o 5º Rexemento, estaba orgulloso da súa unidade e quixo que esta levase unha bandeira galega coa estrela vermella. Dinme que Ramón Esturao lla entregou ao Museo Carlos Maside de Sada. A esta refírese Farruco Sesto Novás no seu poema `Homenaxe á bandeira do pobo´."</small> </blockquote>Na práctica totalidade das organizacións históricas e actuais do nacionalismo galego de esquerda, e tamén nalgunhas organizacións socialistas e comunistas favorables á autodeterminación é hexemónico o uso da estrela vermella de cinco puntas, tanto incluída na bandeira coma noutros elementos simbólicos representativos. O pulo definitivo para a normalización desa simboloxía foi o activismo clandestino da UPG nos anos 60 e 70. Hoxe constitúe un elemento reivindicativo común nas manifestacións populares e tamén en celebracións<ref>[http://www.vieiros.com/nova/57654/a-seleccion-leva-dez-medallas-no-trofeo-internacional-de-caceres ''Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.'']</ref>.
Hoxe úsase coma reclamo na defensa do nacionalismo galego<ref>[http://elpais.com/diario/2008/07/26/galicia/1217067495_850215.html''Souvenir nacionalista''.]</ref><ref>[http://www.xabierpita.es/2008/06/chumbo_para_resucitar_aos_fusi.php ''Chumbo para resucitar aos fusilados''.]{{Ligazón morta}}</ref>. Todos os partidos políticos nacionalistas de esquerda de Galiza ([[Nos-UP]], [[FPG]], [[BNG]]...) úsana coma símbolo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/21/3749240.shtml ''Galiza Nova dice que el Concello les obligó a trasladar su homenaje a la «Estreleira»''.]{{Ligazón morta}}</ref>. Ademais o [[BNG]] ficou con ela no seu [[logotipo]]. A xente utilízaa nas manifestacións populares coma reivindicación, e tamén en celebracións<ref>[http://www.vieiros.com/nova/57654/a-seleccion-leva-dez-medallas-no-trofeo-internacional-de-caceres ''Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.'']</ref>.
 
A estreleira carece dunhas medidas precisas e universalmente asumidas, en especial no que atinxe ao tamaño e posicionamento a estrela vermella.
Non ten unhas medidas precisas, xa que a estrela vermella que vai no centro ás veces vai aliñada coa franxa azul, ademais de que habería que recalibrar o ángulo da franxa azul para que a estrela fique no medio e non saia del.
 
Nos últimos anos foi moi frecuente a prohibición<ref>{{Cita novas|apelidos=Touza|nome=Ignacio|data=2013-08-29|xornal=EL PAÍS|título=El Gobierno justifica prohibir banderas nacionalistas en un partido del Depor|url=https://elpais.com/ccaa/2013/08/28/galicia/1377707993_634235.html|lingua=es|data-acceso=2017-12-17}}</ref> da estreleira en acontecementos deportivos, nomeadamente partidos de fútbol e de baloncesto, chegando a policía a impedir a entrada de seareiros que a portasen. As institucións españolas pretenderon xustificar a vaga represiva ao alegar que o seu uso "incita á violencia".
 
==Notas==