Intestino groso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Epiplón > epíploon.
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío de es.wiki
Liña 4:
 
O intestino groso procede embrioloxicamente da parte da asa intestinal primitiva que sofre menor número de flexuras. Ó completar o intestino un xiro positivo de 270° (contrario ás agullas do reloxo) en torno ó eixo da [[arteria mesentérica superior]], o comezo do intestino groso atópase na fosa ilíaca dereita. Tendo en conta que existe un punto fixo (a cloaca primitiva que posteriormente orixinará o ano), o percorrido que fai o intestino primitivo debuxa perfectamente o futuro marco cólico do adulto. O marco cólico encadra as asas xexunais e ileais, que teñen situación inframesocólica.
 
== Función ==
Tras unhas dúas horas dende a inxestión, o [[quimo]] chega ao intestino groso onde xa non é procesado. Nesta última etapa da [[dixestión]], o intestino groso limítase a absorber os minerais, a auga e as vitaminas ([[vitamina K|K]] e [[vitamina B12|B12]]) que son liberadas polas bacterias que habitan no colon. Aquí libérase [[metano]] en forma gasosa cando converte o [[amidón]] e os seus derivados en glicosa para ser absorbida. Gran parte do metano gasoso é absorbido en forma de cadeas de ácidos grasos ou expulsado.
 
O intestino groso tamén compacta as feces e almacena a materia fecal no recto ata que é expulsada a través do ano.
 
== Topografía do intestino groso ==
Liña 16 ⟶ 21:
* '''Recto'''. O [[recto]] é a parte final musculosa, que expulsa as [[feces]].
 
== Histoloxía ==
[[Ficheiro:Large intestine histology.jpg|miniatura|Corte histolóxico]]
O intestino groso presenta [[glándula]]s de Lieberkhun e invaxinacións e non ten vilosidades nin pregamentos circulares. Presenta, na túnica serosa, evaxinacións e unha evaxinación chea de [[tecido adiposo]] constitúe un apéndice omental.
 
No intestino groso hai unha gran cantidade de exocrinocitos caliciformes. As poboacións celulares epiteliares son as mesmas cás do intestino delgado. Existen nNeuronas estreladas eferentes multipolares heterópodas que forman parte dos [[ganglio nervioso|ganglios]] intraparietais parasimpáticos.
 
== Exploración ==
O intestino groso pódese explorar mediante:
* [[Enema opaco]].
* [[Endoscopia]]: segundo a profundidade á que se introduza o endoscopio pódese unha rectoscopia, rectosigmoidoscopia ou sigmoidoscopia ou unha [[colonoscopia]], que pode ser parcial se non se chega a visualizar todo o intestino groso e total se se alcanza ata o cego.
* [[Tomografía axial computarizada]].
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/colonicdiseases.html Sitio de Medline plus en Internet.]
 
{{Sistemas e órganos}}
{{Control de autoridades}}