Vilariño Frío, Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Ocupa unha extensión aproximada dunhas 3.265 ha., coincidente exactamente co territorio que a mediados do século XVIII constituía o '''coto de Sta. María de Vilariño Frío''' (33 veciños), dependente de D. [[Pedro Manuel de Billar y Toubes]], rexedor de Ourense, situado entre os seguintes puntos: a marxe esquerda do [[río Mao]] (desde a altura do pobo da Retorta ata a unión do río Mao (o medieval ''rivulum Humano'' ou ''Omano Maior'') co [[río de Hedrada]] (o medieval ''rivulum Humano'' ou ''Omano Minore''), a altura do lugar de Praducelos); a marxe dereita do encoro de Hedrada (desde a ponte de Hedrada ata a súa unión co río Mao, a altura de Praducelos); a marxe dereita do regato do Brozo, monte do Brozo, Monte da Penalonga e Monte Salgueiros, e ao sur da Tabenxa e do Oural.
 
A parroquia de Vilariño Frío linda ó Oeste coa parroquia de ''San Xoán de Seoane Vello'' (da que a separa o río Mao), ao Norte e Norleste linda coas parroquia de ''San Xoán de Pradomao'' e ''Santiago de Hedrada'', pertencentes ao Concello de [[Parada de Sil]] e das que oa separa o río de Hedrada, ao Oeste linda coa parroquia de ''As Chas (San Xoán)'' e co Concello de Maceda, e ao Sur linda coa parroquia de ''San Xoán de Covas'' e cos pobos de ''Cadaval'' e ''Vigueira de Abaixo'' -o medieval ''Begeira''-, pertencentes á parroquia de ''Santa María de Nogueira'', tamén do concello de Montederramo.
 
Aínda que historicamente situouse por Vilariño Frío o paso da '''Vía Nova''' do itinerario de Antonino, ou ''Vía romana XVIII'', que unía Braga con Astorga, os últimos estudos feitos por S. Alvarado, J. C. Ribas e Tomas Vega (véxase: “''La Vía Romana XVIII (Vía Nova). Revisión de su trazado y mensuración. II: de los Limici a los Cigurri''”. Boletín Auriense, Ourense, 2000) afirman que esta discorría pola marxe sur de seu territorio, seguindo a liña este-oeste de Nogueira, Vigueira de Abaixo, Cadaval, Covas e A Palela en dirección ao Camiño da Xe (situado un pouco por encima de Xinzo da Costa, no concello de Maceda.