América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
→‎Industria: texto traducido desde a wiki .ca:Amèrica_del_Nord#Indústria
Liña 226:
===Minería===
A extracción de minerais é unha actividade económica que reporta cada vez máis importancia nos Estados Unidos, Canadá e México.<ref>{{Cita web|url=https://www.iea.org/publications/freepublications/publication/Resources2013.pdf |título =Resources to Reserves 2013 |cita =Tecnoloxías do petróleo, gas e carbón para os mercados enerxéticos do futuro |editor=International Energy Agency (iae) |formato=PDF |lingua=en |dataacceso =26 de novembro do 2017 }}</ref> Estados Unidos foi un dos principais produtores mundiais de petróleo durante moitos anos,<ref>{{Cita libro|autores=Harold F. Williamson e outros |ano=1963) |título= The American Petroleum Industry, 1899-1959, the Age of Energy |lugar=Evanston, Illinois |editorial= Northwestern Univ. Press.}}</ref> Canadá foi un importante produtor desde finais da década de 1940<ref>{{Cita libro| autor= W.A. Ver Wiebe |ano=1950) |título= North American and Middle Eastern Oil Fields. |lugar=Wichita (Kansas)}}</ref> e México converteuse nun dos principais países na produción mundial de [[petróleo]] a finais da década de 1970.<ref>[http://www.theoildrum.com/node/2226 An Update on Mexico's Oil Production--The Rapid Collapse of Cantarell by the Numbers] {{en}}</ref> Os Estados Unidos ocupa o segundo lugar entre os produtores de [[gas natural]] do mundo e é tamén un dos primeiros países produtores de [[carbón]], extraído todo nos vastos xacementos dos [[Apalaches]]. O mineral de [[ferro]] é desde fai tempo importante nos Estados Unidos e Canadá, obtido sobre todo dos xacementos situados ao redor do extremo occidental do [[lago Superior]]. Recentemente extraéronse grandes cantidades deste mineral na área fronteiriza entre as provincias de [[Quebec]], [[Terranova]] e [[Terra Nova e Labrador|Labrador]], ao leste de Canadá. Entre os minerais que se explotaron en considerables proporcións atópanse o [[cobre]], a [[prata]], o [[chumbo]], o [[zinc]], o [[níquel]], o [[xofre]], o [[asbesto]], o [[uranio]], os [[fosfato]]s e o [[potasio]].<ref>[https://www.ucpress.edu/book.php?isbn=9780520279179 Mining North America: An Environmental History since 1522] {{en}}</ref>
=== Industria ===
 
A [[industria]] foi desde hai moito tempo o principal sector económico dos Estados Unidos. A concentración de [[fábrica]]s está situada nas áreas urbanas do cinto industrial que se estende desde [[Boston]] a [[Chicago]]. Con todo, desde a [[década de 1950]] as manufacturas expandíronse considerablemente noutras partes do país, especialmente nas grandes cidades de [[ California]] e os estados do sueste. A produción está moi diversificada, con énfase nos metais primarios e elaborados, o procesamento de [[alimento]]s, a [[maquinaria]], o equipo electrónico e aeroespacial, os vehículos de motor, os produtos químicos e [[téxtil|téxtis]], a [[confección]], o [[papel]] e o material impreso.
 
== Poboación ==