Vilariño Frío, Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
Aínda que historicamente situouse por Vilariño Frío o paso da '''Vía Nova''' do itinerario de Antonino, ou ''Vía romana XVIII'', que unía Braga con Astorga, os últimos estudos feitos (S. Alvarado, J. C. Ribas e Tomas Vega: “''La Vía Romana XVIII (Vía Nova). Revisión de su trazado y mensuración. II: de los Limici a los Cigurri''”. Boletín Auriense, Ourense, 2000) afirman que esta discorría pola marxe sur de seu territorio, seguindo a liña este-oeste de Nogueira, Vigueira de Abaixo, Cadaval, Covas e A Palela en dirección ao Camiño da Xe (situado un pouco por encima de Xinzo da Costa, no concello de Maceda). Do que non cabe dúbida é de que por Vilariño Frío pasa o medieval “'''Camiño Real da Cruz de Ferro'''” que, saíndo de O Burgo de Caldelas, vai por Pereiro, Portela, Figueiras, Pousa, Santiago da Medorra, Abeledos (da Cruz de Ferro), Folgoso, A Retorta, Vilariño Frío e segue por Bouzas e Casetas do Rodicio baixando ó val de Maceda por Tioira. Como resto máis visible do paso deste camiño por Vilariño Frío conservase, aínda en bo estado, a chamada “'''Ponte Vella'''”, que consta de tres arcos semicirculares de luces distintas e bóvedas de medio punto. Arcos constituídos por perpiaños de labra moi esmerada e sentados "a oco". A construción actual é, probablemente do século XVII polas súas características construtivas: doelas, irregularidade do trasdous, moderado ancho da calzada, tipo de sillería, alzado e planta dos taxamares e rasante alombada. Por esta ponte pasou a primeiros de novembro de 1755, e logo de sentir o terremoto de 1º de novembro dese ano de 1755 en Santa Mariña de Augas Santas (concello de Allariz), '''Frei Martín Sarmiento''' na súa viaxe de volta a Madrid, onde chegou o 27 de novembro de 1755 (véxase, F. Martín sarmiento: Escritos Xeográficos. Xunta de Galicia, 1996; páx.64).
 
Na casa chamada dos «señores de Cornoces», na actualidade propiedade de dona Maruja Rodríguez, atópase un escudo cuartelado onde represéntanse as armas da familia Reinoso ‹a cruz de Calatraba, no primeiro cuartel›, unha das familias máis potentes e coñecidas de Ourense do século XVIII que posuían pazo en Cornoces (Parada de Amoeiro), a familia Figueroa y Calderón, anteriores posuidores do pazo de Cornoces, ‹follas de figueira e tres pequenos caldeiros, do segundo cuartel›, a familia Ojea ‹castelo e media lúa do terceiro cuartel› e a familia Castro ‹seis roeles de azur, no cuarto uartel), da que descenden os Condes de Lemos.
 
No centro do pobo, perto da dita casa de Cornoces, no lugar chamado ‹as laixas› e sobre rocha natural, atópase o chamado «Peto das Ánimas», que presenta un corpo liso formado por sillares ben enadrados. No corpo superior, sobre o que emerxe un pedestal de lados cóncavos para unha cruz, presenta un pequeno nicho que alberga un panal deteriorado de madeira coa escea da Virxe do Carme sobre as nubes e as ánimas apiñadas na zoa inferior.
 
A igrexa parroquial, adicada a Santa María, presenta unha arquitectura neoclásica do século XVIII. No seu interior destaca o retablo maior pola súa riqueza decorativa, a ornamentación exuberante e a expresividade das imaxes. É un claro exemplo do Barroco galego. O mesmo os dous retablos laterais: Cristo crucificado (á esquerda) e a Virxe Inmaculada (dereita) enmarcados en arcos neoclásicos. Aínda que a igrexa parroquial existente é do século XVIII, parece que xa existía como tal no século XVI, pois na relación que o Bispo de Ourense don Miguel Ares Canabal (1595-1611) fai do estado da súa Diócese no ano 1599, na visita ‹adlimina apostolorum› ó Papa Clemente VIII, aparece a parroquia de Santa María de Vilariñofrío da terra de Orcellón dentro do cómputo dadas igrexas parroquiais de toda a diócese de Ourense. Foi de presentación laical da casa de Tor ata o ano 1957, no que o Bispo de Ourense, don Angel Temiño Saiz (1953-1987) fixo unha nova reculamentaciónregulamentación do dereito do padroado na Diócese debido ao excesivo número de parroquias de presentación laical.
 
{{Montederramo}}