Mary Dyer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen imaxe
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imagen:Mary_dyer_being_led.jpg|thumb|300px|right|Mary Dyer, levada á [[forca]]]]
 
'''Mary Barrett Dyer''' ([[1611]]? - [[1 de xuño]] de [[1660]]) foi unha [[cuáquero|cuáquera]] [[Inglaterra|inglesa]] que foi [[forca|aforcada]] en [[Boston]], [[Massachusetts]] por desacatar reiteradamente unha lei que prohibía aos cuáqueros entrar na colonia de Massachusetts. É considerada a derradeira [[mártir]] relixiosa en [[América do Norte]].
 
Mary Dyer coñeceu a [[Anne Hutchinson]], quen predicaba que [[Deus]] "falaba directamente ás persoas" non só a través do [[clero]]. Dyer uniuse á causa de Hutchinson e involucrouse na chamada "[[herexía]] [[antinomianista]]"," esforzándose por organizar grupos de persoas para estudar a [[Biblia]], contravindo a lei [[teocracia|teocrática]] da Colonia de Massachusetts Bay.
 
En [[1638]], Mary Dyer e o seu esposo, William, foron desterrados, xunto con Hutchinson, da colonia. Por consello de [[Roger Williams]], o grupo de Hutchinson e Dyer mudouse a [[Portsmouth]], [[Rhode Island]]. William Dyer, ao igual que outros 18 homes, firmou o [[Pacto de Portsmouth]].
 
Mary Dyer e o seu esposo regresaron a Inglaterra con Roger Williams e [[John Clarke]] en [[1652]], cando Mary Dyer se uniu á [[Sociedade Relixiosa dos Amigos]] (cuáqueros) ao ouvir os sermóns do fundador da sociedade, [[George Fox]], considerando que coincidían cas ideas que Hutchinson e mais ela sostiveran anos antes. Finalmente chegou a ser unha predicadora cuáquera.
 
Os Dyer volveron a [[Rhode Island]] en [[1657]]. O ano seguinte, ela foi a Boston a protestar pola lei en contra dos cuáqueros, polo que foi arrestada e expulsada da colonia. O seu esposo, que non se proclamara cuáquero, non foi arrestado.
 
Mary Dyer seguiu viaxando por [[Nova Inglaterra]] para difundir a relixión cuáquera, polo que volveu ser arrestada en [[New Haven]], [[Connecticut]]. Logo da súa liberación, foi a Massachusetts para visitar a dous cuáqueros ingleses que foran arrestados, e foi arrestada de novo e esta vez permanentemente desterrada da colonia. Regresou a Massachusetts por terceira vez cun grupo de cuáqueros para públicamente protestar contra a lei e desacatala. De novo foi arrestada e despois [[pena capital|sentenciada a morte]]. Tras un proceso breve, outros dous cuáqueros foron executados, mais como o seu esposo era amigo do Gobernador [[John Winthrop]], a ela concedeuselle un aprazamento no derradeiro momento-- en contra dos seus propios desexos xa que ela non quixera arrepentirse e negar a súa fé cuáquera.
 
Foi obligada a regresar a Rhode Island, viaxou a [[Long Island]], [[Nova York]] para predicar, pero a súa conciencia levouna a volver a Massachusetts en [[1660]] para retala lei anticuáquera. A pesares das súplicas do seu esposo e outros familiares, de novo negou o seu arrepentimento, e volveu ser condenada e sentenciada a morte o [[31 de mayo]]. O día seguinte, Mary Dyer foi aforcada no centro de Boston polo delito de ser cuáquera en Massachusetts.
 
Nos seus derradeiros intres de vida, non amosou arrepentimento algún e foi públicamente executada ante a comunidade de Boston.