Diferenzas entre revisións de «Utah»

*Mormona > mormoa.
(lig int)
(*Mormona > mormoa.)
Ao longo de 1849 e de [[1850]], os mormóns presionaron ao goberno americano para que ''Deseret'' fose elevado á categoría de Estado. Porén, o [[Congreso dos Estados Unidos|Congreso americano]] rexeitou a solicitude porque a gran maioría dos [[Senado dos Estados Unidos|senadores]] e [[Casa dos Representantes dos Estados Unidos|representantes]] estaban contra a [[poligamia]], práctica aceptada e común entre os mormóns (estímase que daquela o 20% da poboación de ''Deseret'' practicaba a poligamia). Porén, a cuestión da [[escravitude]] no país fixo que o ''Territorio de Utah'' fose creado en 1850 polo goberno americano. Este territorio xa tiña entón os actuais límites occidentais e orientais. Young converteuse no primeiro gobernador do territorio.
 
Ata a década de [[1850]], as relacións entre os indíxenas de Utah e os mormóns foron boas. Porén, en [[1853]], un xefe indíxena ute, ''Walker'', comezou a atacar comunidades mormonasmormoas, iniciando así a [[Guerra de Walker]], que perdurou por un ano, ata que Young conseguiu convencer a ''Walker'' a deter os seus ataques.
 
Boa parte do Congreso americano, así como o propio presidente nese momento, [[James Buchanan]], querían remover os mormóns do goberno de Utah. Buchanan, en [[1857]], decidiu nomear un novo gobernador no territorio: [[Alfrend Cumming]], de [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]. Houbo que enviar tropas para garantir o cumprimento da substitución, o que deu lugar á ''[[Guerraguerra Mormonamormoa]]''. En setembro de 1857, os mormóns, xuntamente cun grupo de aliados indíxenas, atacaron un grupo de 140 persoas, de [[Arcansas]] e de [[Missouri]], que estaban indo a [[California]]. Estas persoas eran na súa maioría anti-mormóns. Os mormóns mataron a todos os viaxeiros, excepto os [[neno]]s. Este incidente foi coñecido como a [[Masacre de Meadows]]. Non foi ata a [[primavera]] de [[1858]] que as tropas federais chegaron á rexión, e axiña finalizou a guerra. Aínda que Young non fora máis o gobernador de Utah, era considerado así polos habitantes do territorio, entre grandes tensións entre a poboación mormón e as tropas americanas que ocuparon Utah por tres anos, ata que deixaron o territorio en [[1861]], co comezo da [[Guerra Civil Estadounidense]].
 
Ao longo da década de [[1860]], o goberno americano cedeu partes de Utah a outros novos territorios de nova creación, como [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], [[Nevada]] e [[Wyoming]]. En [[1868]], Utah asumiu os seus actuais límites territoriais. En [[1865]] tivo lugar a [[Guerra Black Hawk]], entre os mormóns e a tribo indíxena ute, liderada polo xefe indíxena ''Black Hawk''. A guerra durou dous anos, ata [[1867]], período na cal outras tribos indíxenas xuntáronse á causa dos utes: a de reconquistar as terras capturadas polos mormóns. En 1867, o xefe indíxena Black Hawk, vendo que non tiña ningunha oportunidade de vitoria, concordou en renderse ao goberno americano. A maioría dos indíxenas de Utah foron residir ás reservas indíxenas. Aínda así, houbo ataques indíxenas ocasionais ata [[1873]].
10.315

edicións