Diferenzas entre revisións de «Villena»

sen resumo de edición
Por extensión é o segundo concello máis grande da provincia e por poboación é o décimo municipio máis poboado de Alacant e o vixésimo primeiro da Comunidade Valenciana.
==Historia==
Tense constancia de poboacións na zona desde o [[Paleolítico Medio|Paleolítico medio]].<ref name=historia5 /> Non obstante, está en discusión se a cidade actual data da época visigoda ou é anterior, aínda que con total seguridade existía no século XI, durante a [[Al-Ándalus|dominación musulmá]].<ref name=historia42 /> Tras a [[reconquista|conquista cristiá]],<ref name=medioevo /> pasa a ser [[Señorío de Villena|señorío]], principado, [[Ducado de Villena|ducado]] e finalmente [[Marquesado de Villena|marquesado]],<ref name=historia109>
{{cita web |url= http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/soler/01394953155915639191802/023057_117.pdf |título=Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII|dataacceso=18 de abril de 2012 |apelidos= Soler García|nome= José María|data= 2006|formato= pdf|editor= Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes}}</ref> até que o pobo, alentado polos [[Reis Católicos]], se rebela contra o [[marqués]]. En 1525 [[Carlos I de España|Carlos V]] concédelle o título de cidade.<ref name=historia229 /> Este é o momento de maior prosperidade económica, como mostran os monumentos que chegaron até os nosos días. A partir do [[século XVI]] ábrese un período de tranquilidade, só roto polas guerras nas que se verá envolta esta zona de [[España]]. Pese a que en 1858 se inaugurou unha [[estación de ferrocarril]],<ref name=150ferrocarril /> a economía seguiu sendo esencialmente [[Economía agrícola|agrícola]] até o [[éxodo rural]] dos anos 1960. A partir de entón, o [[modelo económico]] cambiou rapidamente e na actualidade a economía baséase principalmente no [[sector servizos]] e a [[industria]], destacando a do [[calzado]], a [[construción]] e os [[moble]]s.<ref name=pateco />
 
A finais do [[século XVIII]] Villena xa non tiña murallas. O xeógrafo español [[Bernardo Espinalt]] descríbea así no seu ''Atlante español'':
 
{{cita|A antiga cidade de Villena está situada nunha espazosa campiña, [...] a catorce leguas de Murcia, a súa Capitalcapital. É Cidadecidade aberta; e aínda que antigamente tiña tres Portasportas, a día de hoxe pódese entrar por moitas partes, por estar caídas as Murallasmurallas; mais consérvase unha, chamada da Villa, sobre a que está colocada a Torre do ReloxReloxo: [...] Coñécese ser moi antiga pola Arquitecturaarquitectura do Castelocastelo, que aínda se conserva no máis alto dunha Serraserra intrincadaintricada, que era Atalaia en tempo dos Mouros. [...] Ten catro prazas, catorce rúas principais, diversas ruelas, e dous mil veciños, divididos en dúas Parroquias. [...] [Ten] outro Convento de Agostiños Calzados da Provincia de Andalucía, que está distante unha legua da Cidade, onde hai colocada unha Imaxe da nosa Señora das Virtudes, Patroa desta Cidade; un bo Hospital, e doce Ermidas, e varios Paseos. [...] Hai dentro da Cidade varias fontes, e entre outras, a do Chorro, a da Escuela, e a do Maestro, cunha auga que pasa por debaixo dunha Ponte, que é o paso do camiño carreteiro de Madrid, Valencia, Cataluña, Aragón, Alacant e as Andalucías [...].<ref>{{cita libro |apelidos= Espinalt y García|nome= Bernardo|ligazónautor= Bernardo Espinalt |título= El Atlante español ou Descripción general Geográfica, Cronológica, e Histórica de España, por Reynos, y Provincias: De sus ciudades, Villas, y Lugares mas famosos: de su Poblacion, Rios, Montes, &c. Adornado de estampas finas, que demuestran las Vistas perspectivas de todas las Ciudades: Trages propios de que usa cada Reyno, y Blasones que les son peculiares |volume= Reyno de Murcia|data= 1778 |editor= na Imprenta de Pantaleón Aznar|páxinas= 152-156|capítulo= Ciudad de Villena }}</ref>}}
 
No verán de 1888 derribouse por insegura, aínda que cunha considerable oposición popular, a torre do Orejón, que fora todo un símbolo da cidade desde varios séculos atrás. Co derrubamento, eliminouse o último lenzo de muralla que quedaba na cidade e ensanchouse a rúa Maior, unha das principais arterias da cidade naqueles anos.<ref name=prats/> O crecemento posterior da cidade fíxose principalmente cara ao norte, ao longo da estrada de [[Madrid]], e entre os espazos baleiros que quedaban entre o núcleo histórico e a liña do ferrocarril [[MZA]] inaugurada en 1858. A apertura a finais do [[século XIX]] do ferrocarril [[VAY]] limitou o crecemento polo sur e o leste, que a partir deste momento se concentrou case exclusivamente no norte.
 
Na segunda metade da década de 1940 tiveron lugar as obras de lastrado e sumidoiros das principais rúas da cidade, incluíndo o lastrado total da chamada Porta de Almansa (crucecruzamento de rúas onde estivo situada esta porta) até a praza María Auxiliadora. En 1954 construíuse o barrio da Constancia, preludio da gran explosión demográfica que tivo lugar a partir da década de 1960, debido á chegada de inmigrantes, sobre todo de [[Castela-A Mancha]] e [[Andalucía]].<ref name="tesoro poblac"/> Así pois, entre 1960 e 1970 a superficie urbana creceu sobre un 20% e a construción de vivendas aumentou nun 650%.<ref name="ReferenceA"/> En 1961 construíuse o barrio de San Francisco de Asís co fin de ofrecer vivendas aos sectores máis castigados economicamente. Este feito fixo que fora chamado popularmente «poboado de absorción» e actualmente se coñeza como «el Poblao». A supresión do [[VAY|ferrocarril de vía estreita de Cieza a Alcoi]] permitiu a mediados dos sesenta o ensanche de Villena en dirección sur.<ref name="enciclopedia geografía" />
 
O aumento da poboación, así como o cada vez maior parque móbil, provocou un gran aumento de tráfico no centro da cidade, o que provocou que en 1978 se escavara un túnel na [[serra da Vila]] co fin de construír unha variante á estrada [[N-330]], precursora da actual autovía [[A-31]], cunha das súa calzadas circulando polo mesmo túnel.<ref>{{Cita publicación periódica |autor = Concellaría de Urbanismo|ano= 1978|título= Obras Nuevas en nuestra ciudad|revista= Revista Villena|número= 28|editor=Concello de Villena}}</ref> Un dos principais problemas urbanísticos que se viu dando desde entón é a compresión do casco urbano entre a liña do ferrocarril e a autovía, que fixo adoptar á cidade unha forma alongada que provoca grandes problemas de tráfico no centro.<ref>{{Cita publicación periódica |autor = Colectivo "Hierbabuena"|ano= 1982|título= Información socio-económica y urbanística|revista= Revista Villena|número= 32|editor=Concello de Villena}}</ref> Isto produciu que, polo menos desde 1988, se fixera unha proposta de soterramento das vías,<ref>{{Cita publicación periódica |autor= Colectivo "Rolde"|ano= 1988|título= El futuro urbanístico de Villena: una propuesta para el debate|revista= Revista Villena|número= 38|editor=Concello de Villena}}</ref> reclamación que segue aindaaínda vixente.
 
== Cultura ==
10.315

edicións