Diferenzas entre revisións de «Girolamo Savonarola»

sen resumo de edición
Nestas condicións, formouse un grupo contrario ao goberno de Savonarola, chamado os ''arrabbiati'' ou ''os anoxados'', que foron derrotados nas rúas polos seguidores de Girolamo. Os franciscanos foron os maiores opositores a Savonarola, pois coas súas predicacións na igrexa dos dominicos, a igrexa franciscana da [[Basílica da Santa Cruz|Santa Cruz de Florencia]] perdeu adeptos e quedou baleira; o monxe [[Francesco de la Curia]] converteuse na punta de lanza dos críticos de Savonarola.
 
Nesta época, os seus ataques contra a familia do papa, a casa de [[Casa de Borgia|Borgia]], volvéronse aínda máis fortes, póndose a mal definitivamente co [[Ducado de Milán|Duqueduque de Milán]] e o papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]].
 
=== Alejandro VI ===
 
== Carácter e influencia ==
No aspecto persoal, Savonarola posuía un carácter moi forte, e era fanático e carismático. Compáraselle a Lutero na súa denuncia da corrupción da [[Igrexa católica]], pero non estableceu ningunha base doctrinal, a diferenza do propio [[Martiño Lutero|Lutero]], precursor do cisma protestante. Sen chegar a cuestionar os dogmas católicos, era un adiantado da reforma moral que ían traer o [[Protestantismoprotestantismo]] e a [[Contrarreforma]].
 
Despois da morte de Savonarola, orixinouse en Florencia o grupo coñecido como ''Piagnoni'', para conservar a súa memoria, organizado nunha especie de gremio. Tamén, despois da súa morte, os seguidores da Orde de San Francisco apoiaron as ideas de Savonarola, organizáronse xunto aos demais seguidores de Girolamo, e en 1527 expulsaron de novo os gobernantes da familia Medici, establecendo outra vez unha cruel tiranía. Esta terminou en 1530, na [[batalla de Gavinana]].
 
Savonarola atraeu a admiración de moitos humanistas relixiosos posteriores, quen valoraron as súas profundas conviccións espirituais, pasando por alto os seus sinistros excesos como gobernante de Florencia. No [[século XX]], iniciouse entre os dominicos un movemento para a canonización de Savonarola, ao xulgaren que a súa expulsión e execución foran inxustas. Inauguráronse monumentos a Savonarola en Ferrara, [[Boloña]] (xunto á Basílicabasílica Patriarcalpatriarcal de San [[Domingos de Guzmán]], fundador dos dominicos) e Florencia.
 
== La Fiorita ==
10.315

edicións