Diferenzas entre revisións de «Anarquía de Inglaterra»

sen resumo de edición
(*Guillermo > Guillerme (en nobres europeos non casteláns).)
 
==Orixe==
[[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] era o sobriño favorito do rei [[Henrique I de Inglaterra]] ([[1100]]-[[1135]]), cuxo único fillo lexítimo [[Guillerme Adelin|Guillerme]], herdeiro do trono, morrera afogado no afundimento do "''[[White Ship]]''", en [[Barfleur]], preto de [[Normandía]], con tan só 17 anos de idade en [[1120]]. Henrique nomeou entón á súa filla [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] como a súa sucesora no trono e obrigou aos nobres, incluído Estevo, a que lle prestasen xuramento de fidelidade, en varias ocasións, xa que ningunha muller gobernara Inglaterra ata ese momento por dereito propio. Ademais, [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] casou con [[Godofredo V de Anjou]], que non gozaba de boa reputación en [[Inglaterra]], pola súa procedencia da [[Casacasa de Anjou]].
 
== Conflito entre Estevo e Matilde ==
Pero pese a que [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tiña prácticamente todos os apoios e parecía que o seu reinado estaba garantido, o conde [[Robert de Gloucester]] cambiou de bando aos poucos meses e aliouse coa súa medio irmán a emperatriz [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Ademais, [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tomou unha serie de decisións pouco acertadas, que provocaron resentimentos nalgúns dos seus valedores iniciais. O seu propio irmán Enrique, o bispo de [[Winchester]], volveuse no seu contra debido ao arresto de varios bispos, o que se interpretou como un ataque directo á [[Igrexa Católica|Igrexa]]. En [[1139]], Matilde entrou en [[Inglaterra]] e fíxose forte no [[castelo de Arundel]]. Estevo permitiulle viaxar a [[Bristol]] para entrevistarse con [[Robert de Gloucester]], pensando que así tería aos seus inimigos controlados no mesmo lugar. Outro importante conde, [[Ranulf de Chester]], acudira a [[Lincoln, Inglaterra|Lincoln]] e capturou o castelo. Entón Estevo, movido pola vontade dos cidadáns de Lincoln, decidiu atacar o castelo. [[Ranulf de Chester|Ranulf]] sacou provecho da situación. Escapou, e coa axuda da súa sogro, [[Robert de Gloucester]], reclutó un exército de cabaleiros, dando lugar a un enfrontamento aberto. Nesta batalla, o [[2 de febreiro]] de [[1141]], Estevo foi derrotado e feito prisioneiro en [[Bristol]], de modo que [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] puido gobernar temporalmente desde [[Londres]].<ref>Coulson, Charles (194). "The Castles of the Anarchy". In King, Edmund. The Anarchy of King Stephen's Reign. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820364-0.</ref><ref name="Bradbury, Jim 2009">Bradbury, Jim (2009). Stephen and Matilda: the Civil War of 1139–53. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7509-3793-1.</ref> Con todo, a súa gran arrogancia fíxolle gañarse inimigos pronto, e viuse obrigada a abandonar a capital e trasladarse a [[Oxford]]. En [[setembro]] de [[1141]], [[Robert de Gloucester]] caeu en mans da esposa de Estevo, [[Matilde I de Boulogne|Matilda de Boulogne]] e o seu capitán mercenario, [[Guillerme de Ypres]]. A emperatriz decidiu cambiar a [[Robert de Gloucester|Robert]] por Estevo, de modo que este último recuperou o trono. Estevo controlaba nese momento case todo o país e deixou sitiada a Matilde no [[castelo de Oxford]]. A súa fuxida nocturna a [[Wallingford]] baixo a neve converteuse en lenda.<ref name="Bradbury, Jim 2009"/>
 
Esta situación de inseguridade e axitación prolongouse durante todo o reinado de Estevo, ata cando Matilde volveu a [[Anjou, Francia|Anjou]] trala morte de [[Robert de Gloucester|Robert]] en [[1147]]. Estevo era un home demasiado brando e con pouca autoridade, a quen non lle gustaba ter que tomar decisións, polo que os condes e a [[nobreza]] fixéronse demasiado fortes e enfrontábanse continuamente entre eles, dando lugar a unha gran inestabilidade. Por iso, este periodoperíodo da [[historia de Inglaterra]] coñécese como "a anarquía".<ref name="Amt, Emilie 1993">Amt, Emilie (1993). The Accession of Henry II in England: Royal Government Restored, 1149–1159. Woodbridge, UK: Boydell Press. ISBN 978-0-85115-348-3.</ref>
 
O rei [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non gozaba de boa saúde por aquel entón, e sufriu unha forte depresión cando o seu fillo, [[Eustaquio IV de Blois|Eustaquio]], morreu repentinamente en [[1153]]. Estevo quería que o seu fillo fose coroado antes de que el morrese, pero o [[Papa]] rexeitara esta idea. Ata establecera un [[interdictointerdito]] mentres durasen as disputas. O fillo de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], o que sería máis tarde [[Henrique II de Inglaterra]], converteuse nun bo estrategaestratego, cun forte carácter. chegara a [[Inglaterra]] coa intención de conquistala. Entón Estevo, cansado de loitar, decidiu asinar o [[Tratado de Winchester]] (tamén coñecido como [[Tratado de Wallingford]]) en [[1153]], recoñecendo a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] como o seu sucesor no trono. Os rumores que circularan durante anos de que Estevo era o pai biolóxico de [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] reforzáronse con este nomeamento, xa que Estevo tiña outro fillo, [[Guillerme de Blois]], e con todo cedería a coroa a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] cando falecese. Pero non hai evidencias que confirmen esta teoría.
 
[[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] finou un ano despois, en [[1154]], e [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] asumiu o trono como [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]], poñendo fin a dúas décadas de anarquía real.<ref name="Amt, Emilie 1993"/>
10.315

edicións