Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 25:
'''''Retrato do artista cando novo''''' é a primeira novela do escritor irlandés '''[[James Joyce]]''', publicada en 1916 co título orixinal en [[lingua inglesa]] de ''A Portrait of the Artist as a Young Man''. Foi traducida ao galego por [[Vicente Araguas]], e publicada en 1994 por Laiovento.
 
NelaNesta ''[[Bildungsroman]]'' (novela de aprendizaxe) dáse conta do espertar relixioso e filosófico do protagonista, [[Stephen Dedalus]], o ''[[alter ego]]'' ficticio do escritor. O personaxe cuestiona os principios católicos asentados en [[Irlanda]] baixo os que foi educado e culmina a súa rebelión contra os mesmos co seu exilio no continente europeo.
 
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de ''Stephen Hero'', unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite internarse na consciencia de Dedalus. ''Retrato do artista cando novo'', xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, ''[[Dublineses]]'', valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis influentes do século XX.