Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 27:
Nela dáse conta do espertar relixioso e filosófico do protagonista, [[Stephen Dedalus]], o ''[[alter ego]]'' ficticio do escritor. O personaxe cuestiona os principios católicos asentados en [[Irlanda]] baixo os que foi educado e culmina a súa rebelión contra os mesmos co seu exilio no continente europeo.
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de ''Stephen Hero'', unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite internarse na consciencia de Dedalus. ''Retrato do artista cando novo'', xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, ''[[Dublineses]]'', valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis
== Sinopse ==
A obra relata a infancia e adolescencia de Stephen Dedalus e permite ao lector internarse na súa consciencia e sentir. A través dunha serie de episodios da súa vida, o lector pode aprecia-los medos e preocupacións do protagonista e a súa forma de entede-lo mundo.
A infancia de Dedalus transcorre no colexio e internado [[xesuíta]] Clongowes Wood College<ref>[http://clongowes.net/ Conglowes Wood College] Páxina oficial do colexio {{En}}.</ref>, onde ensinan aos alumnos as regras do bo comportamento. O protagonista destaca na clase pola súa intelixencia e sofre as mofas dos seus compañeiros. Nesta primeira parte do libro onde se relata a infancia do artista destaca a cea de
Durante a súa estancia no colexio tamén se fala do castigo corporal que os xesuítas adoitaban aplicar a aqueles que non comprían coas regras estipuladas e o propio protagonista é vítima deste castigo, aínda que de forma inxusta.
Debido ás débedas do patriarca, a familia debe mudarse a [[Dublín]] e Stephen consegue unha bolsa de estudos do seu reitor anterior para asistir ao colexio xesuíta de Belvedere, onde de novo destaca pola súa intelixencia e sitúase á cabeza da clase. Neste etapa a distancia entre el e o seu pai, bebedor habitual, faise evidente.
Co diñeiro obtido dun premio escolar e xa na puberdade, Stephen comeza a vagar polos barrios de prostitutas e se deixa levar polo pracer carnal. Pouco despois realízase no colexio unha xornada de retiro espiritual na que se insta aos alumnos a confesa-los seus pecados. Stephen sente que as palabras do sermón do
Unha vez na Universidade, Stephen desconfía cada vez máis de toda institución relixiosa, educativa, política ou incluso familiar. A familia atópase en precariedade económica e a nai de Stephen trata de facer que o seu fillo recobre a fe e volva achegarse á Igrexa. O personaxe séntese cada vez máis alienado e afastado da Igrexa e só concibe a súa teoría estética, a cal decide compartir cos seus amigos, quen non comprenden a súa falta de devoción nin a afanosa busca da estética do artista.
|