Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 67:
Beda describe a relación de Aethelberht con Rædwald, rei de [[Reino de Anglia Oriental|Anglia oriental]], nunha pasaxe ambigua. Parece suxerir que Rædwald mantivo o "ducatus", ou xefatura militar do seu pobo, mesmo mentres Aethelberht exerceu o ''"imperium"'', o goberno.<ref name="Bede_111"/> Isto tamén suxire que ser un ''bretwalda'' normalmente implicaba ter a xefatura militar doutros reinos e tamén que era máis que iso, xa que Aethelberht é ''bretwalda'' a pesar de que Rædwald controlase as súas propias tropas.<ref name="Kirby_17"/> Rædwald converteuse ao cristianismo ao mesmo tempo que Kent, mais non abandonou as súas crenzas pagás; isto, e o feito de que retivera a independencia militar ,suxire que a autoridade de Aethelberht sobre Anglia Oriental era moito máis débil que a súa influencia sobre os saxóns occidentais.<ref name="Kirby_37"/><ref name="Yorke_62">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 62.</ref> Unha interpretación alternativa, porén, é que a pasaxe en Beda tería que ser traducido como "Rædwald, rei dos anglos orientais, quen mentres Aethelberht viviu, concediulle mesmo o liderado militar do seu pobo"; se isto é o quere dicir Beda, entón Anglia Oriental estaba definitivamente baixo o poder de Aethelberht.<ref name="Blackwell_13_Higham">"Rædwald", N. J. Higham, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref>
 
Non hai probas de que a influencia de Aethelberht sobre outros reinos fora suficiente para converter ningún outro rei ao cristianismo, aínda que en parte esta interpretación se debe á falta de fontes, —por exemplo, non se sabe nada da historia de [[Reino de Sussex|Sussex]] durante case todo o século VII e VIII. Con todo, Aethelberht foi capaz de organizar unha asambleaasemblea en 602 no val de [[Río Severn|Severn]], sobre as fronteiras nordorientais de [[Wessex]], e isto pode ser unha indicación da extensión da súa influencia no oeste.<ref name="Kirby_37"/><ref name="Yorke_20">For example, Yorke comments that "it is impossible to write at any length about the history of [Sussex] in the seventh and eighth centuries" (''Kings and Kingdoms'', p. 20).</ref> Non se conserva ningunha proba que demostre a dominación de Kent sobre Mercia, mais é sabido que [[Mercia]] non dependía de [[Reino de Northumbria|Nortumbria]], así que é bastante plausible que estivera baixo a soberanía de Kent.<ref name="Stenton_39">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 39.</ref>
 
=== Misión de Agostiño e comezos da cristianización ===