Proba Trinity: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O nome en código "Trinity" designouno [[Robert Oppenheimer]], director do [[Laboratorio de Los Alamos]], inspirado na poesía de [[John Donne]]. A bomba era un artefacto de implosión de [[plutonio]], co alcume informal "O Trebello" ({{lang-en|"The Gadget"}}), co mesmo deseño que a bomba [[Fat Man]] [[bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki|detonada sobre Nagasaki]] o 9 de agosto de 1945. A complexidade deste deseño requiriu un gran esforzo por parte do persoal de Los Alamos, e as preocupacións sobre a súa efectividade deron lugar á realización da primeria [[proba nuclear]], planeada e dirixida por [[Kenneth Bainbridge]].
 
Por mor da preocupación dunha [[efervescencia]] construiuseconstruíuse un contedor de aceiro denominado "Jumbo" para o plutonio que permitiría a súa recuperación, aínda que non se utilizou finalmente. O 7 de maio de 1945 realizouse un ensaio, detonando 98 toneladas de explosivos ós que se lle engadiron isótopos radioactivos. A detonación do "Trebello" liberou unha enerxía explosiva equivalente a uns 22 quilotóns de [[TNT]]. Entre os observadores da proba estiveron [[Vannevar Bush]], [[James Chadwick]], [[James Bryant Conant|James Conant]], [[Thomas Farrell]], [[Enrico Fermi]], [[Richard Feynman]], [[Leslie Groves]], Robert Oppenheimer, [[G. I. Taylor|Geoffrey Taylor]] e [[Richard Tolman]].
 
O sitio da proba foi declarado [[Fito Histórico Nacional]] en 1965 e engadiuse á lista do [[National Register of Historic Places]] ó ano seguinte.