Bartolomé Esteban Murillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 63:
 
== Últimos anos ==
Nos últimos anos, Murillo tórnase o pintor da vida cotidianacotiá. A atención segue a ser a infancia, mais son agora, especialmente, pícaros, moinantes e mendigos, de ambos os dous sexos. Son temas que xa apareceran na súa paleta con anterioridade: o "''Mozo mendigo''", un pícaro catándose as [[pulga]]s, do [[Museo do Louvre]], ou os "''Rapaces comendo uvas e melón''" (Alte Pinakothek, Múnic), datan de 1645-55. Hai quen o pon en relación con a epidemia de peste que bateu Sevilla en [[1649]]. Agora torna ao tema, e faino con outra perspectiva, xa non hai tristeza, senón que trata o tema cunha dozura e amabilidade, que preludian o [[rococó]]. Son cadros como "''Nenos xogando aos dados''" (Viena), "''A florista''" (Dulwich Gal., Londres), "''Nenos comendo melón''" (Alte Pinacothek, Múnic), "''Rapaz debruzado nun balcón''" (National Gal., Londres), "''A pequena froiteira''" (Alte Pinacothek, Múnic). Veladamente trata un tema erótico con o cadro "''Mozas asomadas nunha xanela''" (Nat. Gal. Washington, 1665-75), que tamén foi denominado "''As galegas''".
 
En [[1681]] Murillo mudouse a [[Cádiz]] para executar un [[retablo]] na igrexa dos Capuchinos daquela cidade. Traballando nunha [[estada]], caeu e mancouse gravemente. Trasladado para Sevilla, faleceu o [[3 de agosto]] de [[1682]], foi sepultado na desaparecida igrexa da Santa Cruz, xusto embaixo do "''Descendemento''" ([[1547]]) do flamengo [[Pedro de Campaña]], o pintor que máis admiraba<ref>Ernesto B. Rodríguez, in Rafael Causa & Ernesto B. Rodríguez, ''Murillo'', Buenos Aires. Ed. Codex. 1964, sen paxinación</ref>.