José Ramón Rodil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 45:
Iniciou os estudos de Latín e Filosofía no [[Seminario de Mondoñedo]]<ref name=":2">{{Cita web|url=http://gie1808a1814.tripod.com/persones/rodil.htm#|páxina-web=|título=RODIL y CAMPILLO, José Ramón|data-acceso=13-12-2017}}</ref> para continualos na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Ao se produci-la [[Guerra da Independencia española]], como noutros centros semellantes, creáronse nos claustros unidades de voluntarios para loitar contra os franceses. Rodil integrouse no Batallón Literario en 1808 e participou nas [[Batalla de Espinosa de los Monteros|batallas de Espinosa de los Monteros]], na de [[Batalla de Ponte Sampaio|Ponte Sampaio]] e chegou até o sitio de Baiona (Francia).<ref name=":2" />
 
Tras participar na Guerra da Independencia seguiu a súa carreira de militar, e marchou a [[América do Sur|América]] onde foi destinado a [[Perú]] en [[1817]]. Aos poucos de chegar a Callao (1817) foi ascendido a comandante. Marchou a [[Arequipa]] coa misión de organizar un batallón e tras un rigoroso entrenamentoadestramento reforzou as unidades realistas da gornición de [[Chile]]. Participou nos combates de [[Talca]], Cancha Rayda e Maipú. Retornou a [[Lima]] onde foi ascendido a coronel (1820) e foi destinado ás forzas que defendían a fortaleza do Callao<ref>{{Cita web|url=http://aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus/eu/rodil-galloso-jose-ramon/ar-121561/|páxina-web=auñamendi euzko entziklopedia|título=Rodil Galloso, José Ramón|data-acceso=13-12-2017}}</ref>.
 
Tralo [[Batalla de Ayacucho|desastre de Ayacucho]] (1824) que puxo remate ao vicereinato peruano Rodil, comandante militar das fortalezas do Callao, negouse a aceptar a capitulación de Ayacucho na esperanza de recibir reforzos de España. Estando asediado por terra e por mar, resistiu preto de dous anos, na Fortaleza do Real Filipe e os Castelos do porto, dirixindo os veternaos rexementos reais de Lima e Arequipa, xunto con soldados independentistas desertores que se lle uniran. Por fin, o [[22 de xaneiro]] de [[1826]], cando case todos os defensores morreran e os que quedaban estaban sen víveres, Rodil aceptou capitular perante o comandante do asedio, o xeneral venezolano Bartolomé Salom. A resistencia ofrecida chamou a atención de [[Simón Bolívar]] e, cando o xeneral Salom pedía a pena de morte para Rodil, respostoulle: "''O heroísmo non é digno de castigo''". Rodil, conseguiu condicións honorables na capitulación, podendo levar a bandeiras dos rexementos que foron as derradeiras en abandonar o Perú. Coa entrega do Callao, púxose fin á presenza do exército español de América do Sur.