Diferenzas entre revisións de «Actina»

sen resumo de edición
(*-ucc- > -uc-.)
[[Ficheiro:PDB 1unc EBI.jpg|miniatura|esquerda|Estrutura do subdominio C-terminal da [[vilina]], unha proteína que pode escindir microfilamentos.<ref>[http://www.ebi.ac.uk/pdbe-srv/view/entry/1unc/summary Entrada PDBe para 1unc]. [[European Bioinformatics Institute|EBI]].</ref>]]
 
SeAínda benque as células vexetais posúen xeralmente unha [[parede celular]] que define a súa morfoloxía e impide o seu movemento, os seus microfilamentos xeran as forzas necesarias para varias actividades celulares, por exemplo, as correntes citoplasmáticas xeradas polos microfilamentos e as [[miosina]]s. Ademais, a actina intervén no movemento de orgánulos e morfoxénese celular, procesos que inclúen a [[división celular]], a elongación e a diferenciación.<ref name=Higaki2007>{{Cita publicación periódica | apelido1= Higaki | nome1= T. | apelido2= Sano | nome2= T. | apelido3= Hasezawa | nome3= S. | ano= 2007 | título = Actin microfilament dynamics and actin side-binding proteins in plants | revista= Current Opinion in Plant Biology | volume= 10 | número= 6 | páxinas = 549–556 | doi = 10.1016/j.pbi.2007.08.012 | url = http://lmbiologia.campusnet.unito.it/didattica/att/a29a.1275.file.pdf | formato= PDF}}</ref>
 
En canto ás proteínas asociadas ao citoesqueleto de actina presentes en plantas pódense mencionar as seguintes:<ref name=Higaki2007 /> a [[vilina]], unha proteína pertencente á familia da [[xelsolina]]/[[severina (proteína)|severina]], que pode cortar microfilamentos e unir monómeros de actina en presenza do catión calcio; a [[fimbrina]], un elemento que pode recoñecer e unir monómeros de actina e que intervén na formación de entramados (mediante unha regulación diferente á que hai en células animais e de lévedos);<ref name=Kovar2000>{{Cita publicación periódica | apelido1= Kovar | nome1= D.R. | apelido2= Staiger | nome2= C.J. | apelido3= Weaver | nome3= E.A. | apelido4= McCurdy | nome4= D.W. | ano= 2000 | título = AtFim1 is an actin filament crosslinking protein from Arabidopsis thaliana | revista= The Plant Journal | volume= 24 | número= 5 | páxinas = 625–636 | doi = 10.1046/j.1365-313x.2000.00907.x}}</ref> as [[formina]]s, proteínas que poden actuar como axentes nucleantes da polimerización a actina F; a [[miosina]], típico motor molecular propio de eucariotas que, en ''Arabidopsis thaliana'', está codificado por 17 xenes clasificados en dúas clases distintas; a [[CHUP1]], con capacidade de unir actina e implicado na distribución espacial dos [[cloroplasto]]s na célula; a [[KAM1/MUR3]], unha proteína que define a morfoloxía do [[complexo de Golgi]] e a composición en [[xiloglicano]]s da parede celular; a [[NtWLIM1]], proteína que facilita a aparición de estruturas con forma de nobelo de actina; e a [[ERD10]], que participa na asociación entre orgánulos delimitados por membranas e os microfilamentos e que parece desempeñar un papel especialmente importante en condicións de [[estrés]].
190.202

edicións