Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 68:
Os estados membros da [[Unión Europea]] son, talvez, o exemplo mais coñecido de países que contan cun formato común a todos os seus pasaportes. Os pasaportes europeos dos cidadáns comúns son vermello borgoña, coas palabras Unión Europea escritas (na lingua ou linguas oficiais nacionais) na portada, abaixo do que está o nome oficial do país, e o escudo nacional. A palabra pasaporte nas respectivas lingua ou linguas encóntrase na parte inferior.
 
Na [[América Central]] os membros do [[CA-4]], tratado que ten a [[Guatemala]], [[O Salvador]], [[Honduras]], e [[Nicaragua]] coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado "Pasaporte da América Central". O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e O Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloque a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa portada azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente co territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o [[mapa]]. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, [[hologramaholografía]]s e [[marca de auga|marcas de auga]], sendo este pasaporte un dos máis seguros do [[Terra|mundo]].
 
A Comunidade Caribeña ([[CARICOM]]) recentemente iniciou a emisión de pasaportes comúns, presentando o [[símbolo]] do CARICOM xuntamente aos selos e nomes oficiais dos estados membros mostrados no seu idioma oficial: inglés, neerlandés ou francés. O primeiro membro do bloque que emitiu o pasaporte do CARICOM foi [[Suriname]], que foi seguido por [[San Vicente e Granadinas]], [[Güiana]], [[Antiga e Barbuda]] e outros países.