Diferenzas entre revisións de «Antonio Maura»

Cambiei salvidade por excepción https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
(Cambiei salvidade por excepción https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos)
a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]]. É deste xeito como Maura se converte na figura chave da política española das primeiras décadas do século XX.
 
Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu [[Francisco Silvela]] en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a [[Lei de Bases de Reforma da Administración Local]]. No seu intento por acabar coas fraudes acostumadas organiza as eleccións municipais de 1903 provocando unha forte oposición contra a súa persoa entre os partidarios de manter o [[caciquismo]] local como modo de estabilidade política. Coa salvidadeexcepción das principais cidades, nas que triunfaron candidaturas republicanas, non conseguiría impedir a manipulación dos resultados electorais desas eleccións.
 
A dimisión de Silvela como xefe de Goberno non fixo máis que resaltar a figura política do seu principal socio e Maura será aclamado dende entón como líder do Partido Conservador. O 5 de decembro de 1903 formaría o seu primeiro goberno ó suceder ó tamén conservador [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]] na presidencia. No plano internacional conseguiu que Francia e Inglaterra recoñecesen os dereitos españois en Marrocos. Na política interior concentrou o seu programa de reformas en torno á corrupción electoral e á resolución do [[problema catalán]] mediante un proxecto de administración descentralizador de tendencia rexionalista, pero as intromisións do rei en materia militar motivaron a súa dimisión.
7.964

edicións