Reparación do ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
sobrepasar - superar https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei selado por selaxe https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
Liña 111:
# A [[reparación por escisión de bases]] (BER) repara os danos que afectan a unha soa [[base nitroxenada]] mediante a actuación de encimas chamados [[ADN glicosilase|glicosilases]].<ref name = "Willey">{{Cita libro |apelido1= Willey |nome1= J |apelido2= Sherwood |nome2= L |apelido3= Woolverton |nome3= C |data= 2014|título= Prescott’s Microbiology |localización= New York, New York |editor= McGraw Hill |páxinas= 381 |isbn= 978-0-07-3402-40-6 }}</ref> Estes encimas eliminan unha soa base nitroxenada, creando un sitio purínico ou apurínico ([[sitio AP]]).<ref name = "Willey" /> Os encimas [[AP endonuclease]]s fan unha amosega ou corte no esqueleto da molécula de ADN danada no sitio AP. Despois, a [[ADN polimerase]] elimina a rexión danada utilizando a súa actividade [[exonuclease]] 5'-3' e sintetiza correctamente a nova febra utilizando a febra complementaria como molde.<ref name = "Willey" />
# A [[reparación por escisión de nucleótidos]] (NER) repara o ADN danado, que xeralmente consiste nun dano voluminoso que distorsiona a hélice, como pode ser unha [[dímero de pirimidina|dimerización de pirimidina]] causada pola luz UV. As rexións danadas elimínanse en febras de 12 a 24 nucleótidos de longo nun proceso en tres fases, que consiste no recoñecemento dos danos, a escisión do ADN danado tanto ''[[augas arriba]]'' coma ''augas abaixo'' do punto do dano por medio dunha [[endonuclease]], e a resíntese da rexión de ADN eliminada.<ref name = "Reardon">{{Cita publicación periódica | apelido1 = Reardon | nome1 = J | apelido2 = Sancar | nome2 = A | data = 2006 | título = Purification and Characterization of ''Escherichia coli'' and Human Nucleotide Excision Repair Enzyme Systems | revista = Methods in Enzymology | volume = 408 | páxinas = 189–213 | doi = 10.1016/S0076-6879(06)08012-8 | pmid = 16793370}}</ref> A NER é un mecanismo de reparación moi conservado evolutivamente e utilízase en case todas as células eucariotas e procariotas.<ref name = "Reardon" /> En procariotas, a NER realízana [[endonuclease UvrABC|encimas Uvr]].<ref name = "Reardon"/> En eucariotas, están implicadas moitas máis proteínas, aínda que a estratexia xeral é a mesma.<ref name = "Reardon"/>
# Os sistemas de [[reparación de discordancias]] (MMR) na [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementariedade]] de bases están presentes esencialmente en todas as células para corrixir erros que non son corrixidos por [[corrección de probas (bioloxía)|corrección de probas]]. Estes sistemas constan de polo menos dúas proteínas. Unha detecta a discordancia na complementariedade, e a outra recruta unha endonuclease que escinde a febra de ADN de nova síntese preto da rexión onde se produciu o dano. En ''[[E. coli]]'', as proteínas implicadas son as proteínas de clase Mut. Isto vai seguido da eliminación da rexión danada por unha exonuclease, a resíntese pola ADN polimerase e oa seladoselaxe do corte por unha [[ADN ligase]].<ref name = "Berg">{{Cita libro | apelido1 = Berg | nome1 = M | apelido2 = Tymoczko | nome2 = J | apelido3 = Stryer | nome3 = L | data = 2012 | título = Biochemistry 7th edition | localización = New York | editor = W.H. Freeman and Company | páxinas = 840 | isbn = 9781429229364}}</ref> {{-}}
 
=== Roturas de dobre febra ===