Diferenzas entre revisións de «Reforma protestante»

sen resumo de edición
m (Arranxiños​)
{{Ortografía}}
[[Ficheiro:ReformantionWindowSMLC.jpg|miniatura|A ''vidreira da Reforma'' nunha igrexa [[Luteranismo|luterana]] de [[Carolina do Sur]] mostra escenas claves da Reforma protestante.]]
A '''Reforma protestante''', ou simplemente a '''A Reforma''', foi un movemento de reforma [[Cristianismo|cristiá]] no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] que xeralmente considérase que comeza a partir da publicación das [[95 Teses]] de [[Martiño Lutero]], en 1517, aínda que existen unha serie de precursores como [[Jan Hus]] anteriores a este evento. Como período histórico, a Reforma considérase que termina coa [[Paz de Westfalia]] en [[1648]] dando fin as [[guerras de relixión en Europa]]<ref name="History">{{cita web | url=http://www.history.com/topics/reformation | título= The reformation |editor=History.com | dataacceso=3 de decembro de 2013}}</ref>; con todo, moitas das denominacións que se produciron durante este período seguen existindo e o [[protestantismo]] constitúe unha das ramas máis importantes do [[cristianismo]] hoxe en día. Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar a [[igrexaIgrexa católica]], os movementos acabaron coa escisión dos grupos reformistas e co establecemento de novas institucións, principalmente, o [[luteranismo]], o [[calvinismo]] e o [[anabaptismo]].
 
Moitos [[Catolicismo|católicos]] de occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda de [[indulxencia]]s. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa (simonía), considerado naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición do [[Papa]].
A Reforma en xeral considérase que comeza o [[31 de outubro]] de [[1517]], na actual rexión alemá de [[Saxonia]], cando [[Martiño Lutero]] cravou unha copia das súas [[95 Teses|noventa e cinco teses]] na porta da igrexa do castelo de [[Wittenberg]]<ref>{{Cita libro | apelidos = Kuiper | nome = BK | título = The Church in B. Eerdmans Publishing |ano= 1988 | páxina = 165 | ISBN = 0802817777|lingua=en}}</ref>, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da igrexa no referente ao [[purgatorio]]. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes como [[John Wycliffe]] e [[Jan Hus]]. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, como [[Huldrych Zwingli]] e [[Jean Calvin]], seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da igrexa atacadas polos reformistas incluían o [[purgatorio]], o xuízo particular ás almas, devoción pola [[Virxe María]], a intercesión dos [[santo]]s, a meirande parte dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], o [[celibato]] que debían gardar os [[sacerdote]]s e os [[monxe]]s, e maila autoridade do [[Papa]].
 
O movemento de reforma pronto se dividiu en diferentes liñas [[doutrina]]is. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciu á aparición das igrexas protestantes rivais. As [[Denominación Cristiá|denominacións cristiás]] máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron os [[Luteranismo|luteranos]], os [[Igrexa reformada|reformados]]/[[Calvinismo|calvinistas]]/[[Presbiterianismo|presbiterianos]] e os [[Anabaptismo|anabaptistas]]. A Reforma protestante tamén é coñecida como a Reforma xermánica, a Revolución protestante, a Revolta protestante e, en [[Alemaña]], a Reforma luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos de [[Inglaterra]], que levarían á formación da [[Igrexa Anglicana|Igrexa anglicana]]. Alí, o período de reforma coñécese como a [[Reforma inglesa]]. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso de [[Contrarreforma]] na [[igrexaIgrexa católica]]. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos
 
== Historia e orixes ==
[[Ficheiro:BullExurgeDomine.jpg|miniatura|dereita|200px|Bula ''Exurge Domine'', '''Contra Errores Martine Lutheri et sequatium''': Bula contra os erros de [[Martiño Lutero]] e os seus seguidores ([[15 de xuño]] de [[1520]]), pola que o papa [[León X, papa|León X]] o ameaza coa excomuñón se non se retracta de 41 puntos incluídos nas súas famosas 95 teses sobre as indulxencias do [[31 de outubro]] de [[1517]], nas que Lutero, indignado, atacaba a idea de que a compra das bulas podía ser causa de perdón de penas espirituais; feito habitual na época e onde a causa ocasional foi que o papa León X arrendaba as bulas de indulxencias á banca ''Fugger'' para obter diñeiro para a construción da [[basílica de San Pedro]] do Vaticano. Lutero queimou publicamente a bula ([[10 de decembro]] de [[1520]]) e a excomuñón fíxose efectiva ([[3 de xaneiro]] de [[1521]]). Estas datas son fitos da idade moderna, pero non pasarían de ser unha disputa teolóxica se non atopasen o formidable eco que a difusión da [[imprenta]] lle permitiu, e se non foran acollidos por unha sociedade madura para recibilos e uns axentes políticos dispostos e capaces de aproveitar o seu potencial.]]
=== Antecedentes ===
Todas as correntes protestantes maioritarias sitúan a súa separación da Igrexa Católica no [[século XVI]]. A orixe do protestantismo denomínase ''Reforma Maxisterialmaxisterial'' porque o movemento foi apoiado polos maxistrados, a autoridade lexislativa (a diferenza da ''Reforma Radicalradical'', que non tivo apoio da administración). As organizacións protestantes antigas, como a U''nitas Fratrum'' que despois daría lugar á Igrexa de Moravia, sitúan a súa orixe no tempo de [[Jan Hus]], a comezos do [[século XV]] cando se producio unha gran crise na [[Igrexa Católica|Igrexa católica]] en Europa Occidental debido aos numerosos problemas de corrupción eclesiástica e falta de piedade relixiosa. Foi a venda de indulxencias para financiar a construción da [[Basílicabasílica de San Pedro]] en Roma, o que provocou finalmente que a cristiandade occidental se dividise en dúas, unha liderada pola [[Igrexa Católica|Igrexa católica]], que tras o [[Concilio de Trento]] reivindicouse a se mesma como a única herdeira válida da cristiandade occidental expulsando calquera disidencia e suxeitándose á autoridade do Papa, e outra metade que fundou varias comunidades eclesiales propias, xeralmente de carácter nacional para, na súa maioría, rexeitar a herdanza cristiá medieval e buscar a restauración dun cristianismo primitivo idealizado. Isto deu lugar a que [[Europa]] quedase dividida entre unha serie de países que recoñecían ao [[Papa]], como supremo e único xefe da Igrexa Católica, e os países que rexeitaban a autoridade de Roma e que recibiron o nome de [[Protestantismo|protestantes]]. Deseguido, os protestantes apareceron en moitos lugares de [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Alemaña]], nun tempo no cal o [[Imperio Otomán]] ameazaba territorios xermanos. Este feito apartaba a atención dos príncipes xermanos das emerxentes revoltas internas. Dita división provocou unha serie de guerras relixiosas en Europa. Como estaba dirixida por unha maioría de nobres de [[Bohemia]], esta foi a primeira Reforma Maxisterial en Europa. En parte, a protesta pode explicarse polos acontecementos dos séculos anteriores en Europa e particularmente en Bohemia.
 
=== Orixes e precursores: séculos XIV e XV ===
10.315

edicións