Partido Progresista: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →top: Arranxos varios +cda |
m ligazóns |
||
Liña 1:
O '''Partido Progresista''' foi unha formación política española do [[século XIX]]. Xurdiu en [[1834]] como oposición liberal extremista ao réxime da rexente [[María Cristina de Borbón]] e foi separándose pouco a pouco tras o inicio da [[Restauración borbónica en España|Restauración en España]] en [[1874]].
Esta división entre exaltados
Na defensa da monarquía de [[Isabel II de España|Isabel II]] representaban o apoio e o sostén do reinado na medida que serviron á coroa fronte ao pretendente [[Carlos María Isidro de Borbón]] e en apoio da filla de [[Fernando VII]]. A súa situación viuse sempre comprometida entre a contención do [[carlismo]] e un apoio a raíña que non ofreceu froitos pola resistencia da mesma e, sobre todo, da súa nai, aos cambios que ofrecía o [[liberalismo]].
Logo do asasinato do que fora o seu líder [[Prim]], e coa monarquía de [[Amadeo I de España]] xa establecida, o Partido Progresista escindiuse en dúas ramas, que darían lugar aos dous partidos dominantes do período. A rama dereita, co liderado de [[Sagasta]], uniuse a membros da [[Unión Liberal (1858)|Unión Liberal]] para formar o [[Partido Constitucional (España)|Partido Constitucional]]. A rama esquerda, seguindo a [[Ruiz Zorrilla]], uniuse ao sector monárquico do [[Partido Democrático (España)|Partido Democrático]] (denominado ''os cimbrios'', con [[Cristino Martos]]) para formar o [[Partido Demócrata-Radical|Partido Radical]].
|