Urheimat dos indoeuropeos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (3)
Liña 31:
A finais do [[século XIX]] e principios do [[século XX]], tras dos estudos feitos por Karl Penka e [[Gustaf Kossinna]], chegouse a crer que a chamada ''[[raza aria]]'' proviña da [[Europa setentrional]], en particular da [[Alemaña]] setentrional e da [[Escandinavia]] meridional, precisamente da área xeográfica que era tamén o lugar de orixe dos [[xermanos]], ou polo menos que neses países a orixe étnica aria orixinal se tería conservado no tempo<ref>[[Karl Penka]], [[Gustaf Kossinna]]</ref>. esta idea estaba difundida tanto na cultura intelectual como na popular a principios do [[século XX]] e apropiouse dela o [[nazismo]]. A "teoría xermánica" sobre as orixes arias non era a única que circulaba durante ese século, de feito moitos eruditos británicos, americanos e alemáns teorizaron que os indoeuropeos proviñan do nordeste: de [[Rusia]] e de [[Ucraína]] incluíndo as montañas do [[Cáucaso]].
 
A hipótese da ''invasión aria'', formulada claramente por [[Gordon Childe]] (''The Aryans'',1926) é famosa entre estas teorías de difusión. Ve ao ario como un cabaleiro nómade que se estendeu desde as [[estepaEstepa (bioma)|estepas]]s eurasiáticas tanto ao sur como ao oeste. Nesta teoría a [[cultura kurgán]] sería a responsábel da difusión da propia lingua, [[relixión]] e cultura. Esta teoría foi reformulada despois pola arqueóloga [[Marija Gimbutas]] e aínda é hoxe a teoría máis acreditada.
{{ver tamén|Hipótese kurgán}}
Outra teoría máis recente propón unha orixe [[anatolia|anatólica]] dos pobos arios. Esta teoría propúxoa [[Colin Renfrew]] e [[Luigi Luca Cavalli-Sforza]] de xeito independente. Afirma que as linguas indoeuropeas se desenvolveron a partir da actual [[Turquía]] cara a Europa. Nun segundo tempo a expansión tería proseguido a partir das estepas eurasiáticas (culturas [[cultura de Afanasevo|Yamna]] e [[Andronovo]]) cara o [[Irán]] e a [[India]].