Morgan Library & Museum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 22:
O edificio foi deseñado por [[Charles McKim]], da firma [[McKim, Mead and White]], e construído cun custo de 1,2 millóns de dólares. En 1924, o fillo de J. P. Morgan transformou a biblioteca nunha institución pública.
[[Ficheiro:Pierpont_Morgan_Library_NY_2006.jpg|dereita|miniatura|Edificio McKim da Biblioteca e Museo Morgan.]]
A biblioteca está formada por un complexo de edificios que serven adicionalmente como museo e como centro de investigación. Contén manuscritos orixinais de Sir [[Walter Scott]], [[Honoré de Balzac]], [[Bob Dylan]], [[Charlotte Brontë]], [[Charles Dickens]] e outros autores. Adquiriu en 1977 o [[pergamiño Vindel]] do século XIII, única copia existente coa música de cantigas do trobador [[Martín Codax]]. Tamén ten unha gran cantidade de incunables, e impresións e debuxos de artistas europeos como [[Leonardo da Vinci]], [[Rembrandt]], [[Michelangelo]], [[Peter Paul Rubens]], [[Albrecht Dürer]] e [[Pablo Picasso]]. A biblioteca ten varias das primeiras biblias que foron impresas, incluíndo tres [[Biblia|bibliasbiblia]]s de [[Johannes Gutenberg]]. Tamén posúe un dos dous orixinais existentes de ''[[Le Morte d'Arthur]]'', que imprimiu [[William Caxton]] en 1485, e o orixinal de ''[[Ivanhoe]]'', novela de [[Walter Scott]]. Hai que destacar ademais o ''Libro d'Ore'' de [[Alessandro Farnese il Giovane|Alessandro Farnese]],{{Cómpre referencia}} ilustrado con miniaturas por [[Giulio Clovio]].
 
O Morgan Library & Museum atópase inscrito como un [[Fito Histórico Nacional]] no [[Rexistro Nacional de Lugares Históricos]].<ref>{{cita web|url=https://npgallery.nps.gov/nrhp/Download?path=/natreg/docs/All_Data.html|título=National Register of Historic Places|dataacceso=7 de decembro de 2017}}</ref>