Clasificación climática de Köppen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a sen embargo
m Estepa (bioma)
Liña 2:
A '''clasificación climática de Köppen''' é unha clasificación fisionómica <ref>As clasificacións climáticas fisionómicas son aquelas que combinan parámetros climáticos imprimindo un enfoque de síntese xeográfica ou obedecendo a criterios bioxeográficos. Defínense en oposición ás clasificacións xenéticas, que parten da análise da circulación xeral atmosférica.</ref> dos climas da [[Terra]], desenvolta por primeira vez polo científico ruso-alemán [[Wladimir Köppen]] en 1884 e modificada posteriormente por el mesmo en 1918 e 1936, e polo climatólogo alemán [[Rudolf Geiger]] en 1961.
 
Establece unha tipoloxía climática baseada en combinacións das medias anuais e mensuais dos valores termopluviométricos. Estas combinacións dan lugar a cinco tipos principais de clima correspondidos a outros tantos conxuntos de vexetación: a [[selva]] ecuatorial, a [[sabana]] e a [[Estepa (bioma)|estepa]], os bosques de [[caducifolio|caducifolias]] e de [[coníferas]], a [[tundra]] e o [[deserto]]. A estes cinco tipos se lle engaden dous que responden ás particularidades climáticas das zonas de montaña e de alta montaña.
 
Deste xeito, os sete principais tipos climáticos, que atenden a valores das temperaturas e coinciden na súa maior parte coas grandes zonas climáticas terrestres, se representan por letras maiúsculas. Logo, tendo en conta a distribución zonal das precipitacións, faise unha división dos grupos anteriores en subgrupos designados por letras minúsculas. Por último, realiza unha caracterización máis específica das características térmicas engadindo unha terceira letra, tamén minúscula.