Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 62:
===== A busca da patria ancestral =====
[[Ficheiro:Urheimat ipotesi.png|miniatura|300px|Algunhas hipóteses de colocación da patria ancestral dos indoeuropeos, identificados a través dos nomes dos estudosos que as propuxeron]]
Outro corrente amplamente recorrido pola indoeuropeística desde as súas orixes foi a da identificación da patria orixinaria dos indoeuropeos (''[[Urheimat dos indoeuropeos|Urheimat]]'', como se denomina, recorrendo á expresión [[Lingua alemá|alemá]]), ou sexa, cal foi o lugar no que se falou o indoeuropeo reconstruído. O problema está en conexión co da cronoloxía (absoluta e relativa) da fragmentación da familia lingüística indoeuropea, e está por tanto estreitamente entrelazado cos desenvolvementos da dialectoloxía. Inicialmente, e estando o nacemento mesmo da indoeuropeística en gran parte conectada co "descubrimento" do sánscrito por parte dos europeos, os primeiros estudosos inclinábanse a unha colocación asiática da patria ancestral, en particular na [[India]] (o noroeste segundo [[Friedrich von Schlegel]], [[Caxemira]] segundo [[Thomas Young]]). No curso do XIX propuxéronse logo numerosas outras sedes, en xeral froito de especulacións gratuítas (desde [[Babilonia]] ao [[Polo Norte]]), ata restrinxir o campo a poucas e máis solidamente argumentadas opcións. Dous son, en particular, os escenarios tomados en consideración por esta disciplina: a [[Europa]] centro-setentrional e as [[estepaEstepa (bioma)|estepas]]s da [[Rusia]] meridional; pouco crédito recibiu entre os indoeuropeístas (e entre os lingüistas en xeral) a teoría dunha ''Urheimat'' [[Anatolia|anatólica]] proposta polo arqueólogo [[Colin Renfrew]]<ref name=villar5>Villar, pp. 39-92.</ref>, así como a de considerar o indoeuropeo como un [[pidgin]]<ref>Como [[pidgin]], o indoeuropeo teríase difundido porque se usaría como [[lingua franca]] polo comercio e o intercambio. Esta teoría, avanzada por arqueólogos e historiadores que seguen a [[Difusionismo|teoría difusionista]], é insustentábel desde o punto de vista lingüístico, xa que os pidgin se caracterizan por estruturas extremadamente simplificadas, ben distintas das do indoeuropeo. Cfr. Villar, pp. 85-86.</ref>.
No [[1851]] [[Robert Latham]] propuxo por vez primeira unha situación europea da patria ancestral: [[Lituania]]. Inicialmente pouco considerada, tal hipótese foi despois retomada por [[Theodor Poesche]] en [[1878]], que a acompañou con consideracións dialectolóxicas: pensaba, de feito, que o [[Lingua lituana|lituano]] era a lingua indoeuropea máis arcaica e postulou que iso era debido a que os [[lituanos]] eran os indoeuropeos que non se moveran da ''Urheimat''. Pouco máis tarde, no [[1883]], [[Karl Penka]] relanzou a tese dunha procedencia orixinaria europea, pero desta vez colocándoo na [[Escandinavia]] meridional. En [[1902]] a hipótese foi retomada polo acreditado xermanista [[Gustaf Kossinna]], que lle proporcionou un prolongado éxito. Só no [[1922]] [[Peter Giles (filólogo)|Peter Giles]] puxo de novo en discusión a hipótese nórdica e pronunciouse, sempre segundo razoamentos de arqueoloxía lingüística, pola área [[Danubio|danubiana]] como fogar indoeuropeo. Tras a [[segunda Guerra Mundial]], con todo, a maior parte dos indoeuropeístas acolleu ben a proposta de identificar a ''Urheimat'' coas estepas do sur de Rusia e fixo caer as hipóteses dunha colocación europea; entre os últimos en soster localizacións centroeuropeas están, [[Pere Bosch i Gimpera]] e Giacomo Devoto<ref name=villar5 />.