Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
linguas
m →‎Historia: arranxiño
Liña 43:
Os primeiros europeos que se sabe que recoñeceron este río foron as trpas greco-macedonias de [[Alexandre o Grande]] que no Indo prácticamente atopou o límite oriental do seu imperio, xa que as súas forzas retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista do que hoxe é Paquistán, uníndoo ao Imperio helénico. O nome Indus utilízase no libro de [[Megástenes]] [[Indica (Arrian)|''Indica'']] para o poderoso río cruzado por Alexandre, baseándose no relato contemporáneo de [[Nearchus]]. «Indus» é un derivado helénico do [[lingua iraniana|iranio]] Sindus, que á súa vez deriva de Sindhu, o nome do Indo no ''[[Rigveda]]'', xa que o río está considerado, polos [[hinduísmo|hinduístas]], un dos [[sete ríos sagrados]] da India. O termo [[Lingua sánscrita|sánscrito]] ''sindhu'' significa xenéricamente ’río’ ou ’mar’, probablemente a partir dunha raíz ''sidh'' que significa ’afastar’. O termo Sindhu aparece 176 veces no ''Rigveda'', 95 veces en plural, utilizado máis a miúdo no significado xenérico. Xa no ''Rigveda'', sobre todo nos últimos himnos, o significado da palabra redúcese ao referirse ao río Indo en particular, por exemplo, na lista dos ríos do ''[[Nadistuti sukta]]''. Isto deu lugar á anomalía dun río de xénero masculino: todos os demais [[Sete ríos sagrados|ríos rigvédicos]] son femininos, non só gramaticalmente, sendo imaxinados como deusas e comparados con vacas e eguas que daban leite e manteiga.
 
A partir dos datos aportados polos autores gregos que comezaron a mencionar a palabra ''"[[India]]"'' en referencia a todo o [[subcontinente Indioindio]], daquela os autores latinos falarían dunha [[India cisganxética]] (a India deste lado do Ganxes) e dunha [[India transganxética]] (a India do outro lado do Ganxes).
 
Antiguamente os [[Persia|persas]] e outros pobos de linguas iranias chamaban Sindhu a este río, estendendo ese nome aos habitantes de todo o [[subcontinente indio]], co nome de Sindhustán (’país [do] Sindhu’).